Compostela, 22 de marzo do 2018 – Deborah García Bello presenta as seis e media de esta tarde, no Museo de Historia Natural, o seu libro ¡Qué se van las vitaminas!, convidada polo colectivo Divulgacción. Estará acompañada pola presidenta de Divulgacción, Leonor Parcero, e Manuel Vicente e rematará coa celebración dun debate público.
En ¡Qué se van las vitaminas! Deborah García tenta dar resposta a determinados mitos amplamente estendidos ou aos que o público xeral está acostumado a escoitar con frecuencia, achegando argumentos precisos para rebatelos. Deborah García Bello é licenciada en Química, divulgadora científica e actualmente realiza o seu doutoramento en Química na Universidade da Coruña sobre ‘Divulgación científica a través da relación entre ciencia e arte contemporáneo. Autora ademais de Todo es cuestión de Química (2016), de numerosas antoloxías poéticas e do libro Megalomanía (2018), foi galardoada co remio Prismas de Divulgación 2017, cun Ciencia Jot Down 2017, co Bitácoras 2014 ao mellor blog de ciencia nacional (http://www.dimetilsulfuro.es) e co premio Tesla de Divulgación Científica 2016.
Directora das xornadas Arte & Ciencia en TopArte do Museo Guggenheim de Bilbao e a Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU, traballa como divulgadora para diferentes medios de comunicación e empresas, como El País, La Voz de Galicia ou Radio Galega. É membro da Asociación Española de Comunicación Científica e da Asociación Galega de Comunicación Científica e Tecnoloxía.