займ срочно

De bo dente encherá Ordes de tapas do 12 ao 14 de este mes

0

Ordes, 6 de xullo do 2018 –  Os vindeiros días 12, 13 e 14 deste mes terá lugar a cuarta edición do concurso de tapas ‘De bo dente’ que organiza o concello de Ordes.

En total teñen confirmada a súa participación un total de 13 establecementos, que elaborarán unha única tapa co fin de conseguir o recoñecemento e os premios que outorgará tanto o público como un xurado no que figurarán cociñeiros de recoñecido prestixio. O Concello de Ordes quere incentivar a cultura das tapas, á par que promove e dinamiza a hostalería local co concurso De bo dente.

A clientela deberá consumir nun mínimo de cinco establecementos para poder emitir o seu voto, o que lle dará opción a acadar algún dos seguintes premios:

Viaxe por un valor de 400 € por cortesía de Estrella Galicia.

Estancia por valor de 200 € por cortesía de Estrella.  E vales de Sportec, Doblanc e de Alfombra Roja por valor de 25 € cada un.

O peso en cervexa do gañador ou gañadora e unha cea para dúas persoas por valor de 100€ por cortesía de Estrella Galicia, ademais de dous vales outorgados por Peteiro decoración e Sportec por valor de 25 € cada un. Tamén haberá unha cesta da froitería  Eurofrut.

Os bares e restaurantes poderán optar a dous premios:

‘Tapa do Xurado’ consistirá nun cheque por valor de 200 €. Valorarase a elaboración, o sabor, a presentación, a calidade do servizo e a rapidez, así como o emprego de produtos de Galicia.

‘Tapa do Público’, dotado con 160 €.

O concurso ‘De bo dente’ arrancará a tarde do xoves (de 19.30 a 23.30 horas). Tanto o  venres como o sábado as tapas serviranse en horario de mañá e de tarde (de 13 a 15 e de 19.30 a 23.30 horas). O público plasmará nos boletos que se entregarán en cada bar ou restaurante un único voto por tapa consumida, para posteriormente depositalo nas urnas que se colocarán nos establecementos.

Os bares e restaurantes que participan na edición deste ano son:

El Túnel, A Barrica Adega, Cervexería Islia, Cervexería O 27, Abacco, Little Coffee, Black & White, Cafetería San Roque, El Salón, Cafetería Doniña, Bar Baral, Feitizo e Bar Correos.

No concurso colaboran tamén as seguintes firmas: Distribucións Toribio Viqueira, bodegas Carballo, Doblanc fotodepilación e estética, Alexandra Maneiro peluquería, Futur Viajes, Sportec Ordes, Don Adrián zapatería, Manuel Rodríguez, Anhelos, Eurofrut, Peteiro decoración, Alfombra Roja zapatería e almacéns Cancela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies