займ срочно

Á marxe de leis anti tabaco o acto de fumar sigue sendo algo habitual en millóns de persoas, pero hai unha parte para as que ademais é un ritual: os fumadores de puros.

Desde o século XIX existen as fábricas de puros en Cuba e pouco cambiaron os métodos. A semana pasada pasou por Galicia Daneris, unha “torcedora de tabaco” con 18 anos de experiencia e unha das poucas que sae da illa para mostrar a súa arte á hora de crear un puro partindo dunha serie de follas.
Na maioría dos casos ser torcedora é unha cuestión de tradición pero, veña dá familia ou non, hai que pasar un curso de aprendizaxe

Cada puro ten un sabor distinto, os afeccionados adoitan en moitas ocasións ser devotos dun en concreto xa sexa un Montecristo, un Romeo e Julieta ou un Partagás. Para que eses habanos teñan sempre un sabor moi similar o responsable da quenda indica a cada torcedora con que partes e en que cantidade debe crear o puro, que bitola é a que ten que confeccionar

Non todos chegan a ser torcedores, é un traballo que non cambiou en séculos e que ten que gustar ao que o practica, Daneris recoñece que hai moitos na escola que se conforman co que lles pagan e demóranse ata que a teñen que deixar


Por suposto o tabaco é prexudicial para a saúde pero polo menos, no caso de estes puros, un sabe que a confección e a colleita das follas é un proceso natural, sen aditivos, e fumar estes cigarros achégase ao que moitos pobos indíxenas de distintas culturas levan facendo centos de anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies