займ срочно

Dancenter Gala clasifícase para a final internacional  do concurso  Anaprode en Luxemburgo

0

Compostela, 31 de maio do 2019 – Gail  Brevitt e as alumnas da súa escola  Dancenter Gala veñen de clasificarse para a final do concurso internacional Anaprode que se celebrará en Luxemburgo.

Finalizada a primeira fase, a rexional, celebrada en Santiago de Compostela o pasado mes de marzo, as bailarinas de Dancenter Gala viaxaron á fase Nacional que se celebraba no Palau  Firal i de  Congressos de Tarragona. O domingo o concurso celebrou a primeira fase da final internacional que se organiza conxuntamente con Luxemburgo.

En setembro será o momento de viaxar ata Luxemburgo para que as alumnas máis maiores participen na final para a que se clasificaron; unha viaxe para a que xa buscan recursos. A proba de Tarragona serviu para demostrar o talento e paixón pola danza destas rapazas que foron premiadas en todas as súas intervencións e tendo que facer oco na súa maleta para traer todos os trofeos.

Ao certame asistiron, a capitá do equipo profesora principal e coreógrafa de  Dancenter Gala,  Gail  Brevitt, e as oito alumnas que optaron por vontade propia lanzarse a este mundo de Concursos de Danza;  Lúa  Ventureira,  Flavia  Melcher, Carmen Liste, Laura Vilar, Irene Armesto, Tania Rúa, Paula  Cribeiro e Noa  Suarez.

O primeiro día competiron nas categorías individuais de Ballet Clásico e calidade de Alumno  Amateur Avanzado (un nivel de esixencia moito máis alto que o de  Amateur), onde Tania, Paula e Noa, obtiveron cada unha, uns merecidos 2º e 3º Premios con medallas de prata e bronce.

Tamén o xoves, competiu o grupo de Ballet Clásico cunha coreografía en puntas, a cal gañou o primeiro premio con Unanimidade do Xurado. Este feito é o que lles clasifica para a Final Internacional en Luxemburgo.

A xornada do sábado non faría máis que mellorar as cousas xa que os dous grupos que competiron, un de Danza Jazz “ Human” e outro de Danza  Claqué “ Herman’ s  Habit”, gañaron o 1º Premio e 1º Premio con Unanimidade do Xurado respectivamente. Desta maneira, a coreografía de  Claqué clasificou para a Final Internacional que se celebrou en Tarragona o domingo, gañando, con aínda maiores honras que a Fase Nacional, o Primeiro Premio con Felicitación do Xurado (máxima puntuación).

Resumo de Participacións e Premios Gañados

Fase Rexional (Santiago):

Ballet Clásico Individual,  Categoria  Amateur AVANZADO:

Laura Veigas – 1º con Unanimidade do Xurado

Flavia  Melcher – 1 er premio

Noa  Suarez – 1 er Premio

Paula  Cribeiro – 2º Premio

Tania Rúa – 2º Premio

Grupo de Ballet Clásico – 1 er Premio con Unanimidade do Xurado

Grupo de Danza  Claqué – 1 er Premio con Unanimidade do Xurado

Grupo de Danza Jazz – 1 er Premio con Felicitación do Xurado (máxima puntuación).

Fase Nacional

(Debido ás regras do Concurso, que permite un máximo de 3 participacións na fase Nacional por candidata, Laura Veigas e  Flavia  Melcher, renunciaron a competir en Individual, a favor de acompañar ás súas compañeiras nos 3 grupos clasificadas).

Individual –

Noa  Suarez – 2º Premio, Medalla de Prata

Paula  Cribeiro – 3º Premio, Medalla de Bronce

Tania Rúa – 2º Premio, Medalla de Prata

Grupos –

Ballet Clásico – Trofeo para 1 er Premio, con Unanimidade do Xurado, e clasificación para Final Internacional en Luxemburgo. (Setembro).

Danza Jazz – Trofeo para 1 er Premio.

Danza  Claqué – Trofeo para 1 er Premio, con Unanimidade do Xurado, e clasificación para Final Internacional en Tarragona, domingo 5 maio.

Fase Internacional

Grupos:

Ballet Clásico – a celebrar en Luxemburgo en setembro.

Danza  Claqué – celebrado en Tarragona, 5 maio – primeiro premio con felicitación do xurado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies