Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Curtocircuito comeza a retrospectiva de Bertrand Mandico

NOTRE_DAME_DES_HORMONES_2_bertrand-mandico-slide-normal_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 2 de outubro do 2018 – Hoxe o Festival Internacional de Cine Curtocircuito abre a retrospectiva do director Bertrand Mandico que estará na cidade.
    • Outras citas da xornada

Compostela, 2 de outubro do 2018 – Hoxe o Festival Internacional de Cine Curtocircuito abre a retrospectiva do director Bertrand Mandico que estará na cidade.

O Teatro Principal acollerá a partir das oito e cuarto a proxección da película Les garçons sauvages, a primeira longametraxe do director. Ademais do propio Bertrand Mandico na sala estará a actriz Elina Löwensohn, unha das protagonistas. Mandico ten traballado con institucións de arte de toda Europa. Algúns das súas curtas competiron en festivais como Cannes ou Venecia acadando distintos premios mentres sacou adiante o proxecto de dirixir 21 películas en 21 anos.

Les garçons sauvages

Outras citas da xornada

Curtocircuito acollerá ás 10h00 no edificio Obra Social Abanca, a segunda e última, sesión do Seminario Arredor do Son: cara una práctica do deseño sonoro impartido por Charly Schmukler. Ademais continúan as proxeccións dedicadas aos máis novos dentro da sección Criaturas, que reunirá a un total de 250 alumnos e alumnas dos centros CEIP Pio XII, o CEIP Roxos e o colexio Vilas Alborada de Santiago de Compostela.

A programación de Arredor so son II continuará ás 16h30 coa conferencia O mal é sempre humano. O corpo da balea na cultura audiovisual moderna impartida por José Luis Espejo e Jessica Sarah Rinland, protagonista nesta 15º edición da sección Púlsar. O mal é sempre humano é un proxecto en proceso do investigador José Luís Espejo que relata o papel que tivo o corpo da balea no desenvolvemento do capitalismo actual a través da análise das imaxes e sons que os seres humanos crearon ou captaron destes mamíferos mariños. A balea é tamén un suxeito frecuente na filmografía de Jessica Sarah Rinland, na que aparece como un punto de partida que lle permite tratar cuestións vinculadas coa ecoloxía, a historia, a representación dos animais no cine, o medio ambiente ou os cambios culturais.

Pola tarde o Teatro Principal acollerá a segunda sesión da sección Explora onde contarase coa presenza do cineasta Michael Fleming para presentar o seu filme The Garden of Deligth.

A protagonista do remate da xornada será a segunda sesión de Planeta GZ, sesión adicada ao cinema galego, na que estarán os directores Ángel Santos, Judith Adataberna, Adrian Canoura e Oliver Laxe.

Post navigation

Previous: A Banda Municipal de Santiago comeza a tempada colaborando cos Amigos da Ópera
Next: Ordes asina os convenios coas escolas deportivas de fútbol, hóckey e fútbol sala

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.