Bisbarra, 31 de maio do 2019 – Dous cursos enfocados as mulleres comezaran en breve na bisbarra; a Mancomunidade de Ordes presenta Dixitalizadas e o concello de Lousame organiza un de Defensa persoal e autocapacidades.
Defensa persoal
O “Curso de defensa persoal e autocapacidade para mulleres e mozas”, terá en Lousame tres sesións de adestramento físico e psíquico para saber como actuar ante diversas situacións problemáticas mediante técnicas de autodefensa. Unha iniciativa que terá lugar o luns 10, o mércores 12 e o xoves 13 de xuño, en horario de 19:30 a 22:00 horas, no polideportivo Pilar Barreiro Senra.
O curso será impartido por monitores/as especialistas en defensa persoal da Federación Galega de Loita e está dirixido tanto a mulleres adultas como a mozas menores de idade que, se non están acompañadas por unha adulta, deberán presentar unha autorización. A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse antes do 6 de xuño na Concellería de Igualdade de Lousame, no 981 820 494 ou no WhatsApp 689 126 385.
Dixitalizadas
O CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes está a tramitar as inscricións para formar parte dun novo taller de habilidades dixitais básicas. Dixitalizadas consiste nun programa para facilitar e potenciar a participación, empregabilidade e emprendemento das mulleres a través da adquisición de competencias dixitais e do uso de ferramentas tecnolóxicas. Sobresae tamén o obxectivo de reducir as brechas de xénero aumentando a influencia persoal e profesional das mulleres no eido rural.
A iniciativa está desenvolvida de maneira conxunta polas fundacións Cibervoluntarios, Mujeres e Google.org en colaboración cos ministerios de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
Calquera persoa interesada en asistir poderá inscribirse na oficina do CIM, situada nos baixos da alameda de Ordes, ou ben chamar ao 981680002. A día de hoxe as datas previstas para Ordes son o 10 e 17 de xuño, de 10 a 13 horas, na Casa da Cultura.
Para máis información tamén se pode consultar a páxina web www.digitalizadas.org.