займ срочно

Cruz Vermella Ordes presentou a súa memoria anual

0

Ordes, 15 de abril do 2018 – Nun acto que contou coa participación da concelleira de Benestar Social de Ordes, Susana García, Cruz Vermella Ordes presentou a súa memoria de actividades de 2017.

Cruz Vermella Ordes atendeu a 696 persoas en situación de risco de exclusión e realizou 734 entregas de produtos de hixiene, sanitarios, pagamento de recibos de subministracións, produtos alimenticios, material didáctico ou xoguetes, entre outros. Tamén se fixo referencia a outros colectivos que supoñen unha atención especial para a entidade. Neste aspecto destaca o servizo de teleasistencia do que se benefician 89 persoas maiores. Tamén os programas de apoio e promoción escolar, así como os obradoiros, charlas etc especialmente orientados á poboación máis nova e migrantes.

No acto, celebrado no salón de plenos, tamén se falo do novo programa financiado por La Caixa. Tecedoras está orientado ás mulleres que buscan unha saída á prostitución. Outro dato relevante ao que se fixo mención foi o gran número de voluntarios e voluntarias cos que se conta na comarca de Ordes, 63 en total, así como a súa media de idade, na que predomina xente nova.

Na súa intervención a concelleira Susana García incidiu na continuidade de apoio por parte do Concello de Ordes aos proxectos de Cruz Vermella. Tamén salientou O labor de integración que fai a dita organización cos que, a día de hoxe, xa son os novos veciños. Persoas que chegan de países con culturas tan diferentes á nosa e que resulta fundamental para que formen parte do día a día deste pobo. Podemos falar de integración grazas ao voso traballo, e iso é o mesmo que dicir convivencia e todo o que isto conleva: Ausencia de conflitos, entendemento entre as persoas, desenvolvemento e riqueza cultural e económica. Neste eido Cruz Vermella Ordes é a bisagra que consegue que todo encaixe como é debido”. Por último a concelleira animou a todo o público que enchía o salón a facer uso da nova APP  lanzada pola organización e denominada Quiérete, así como a facerse voluntario dixital.

Outros dos nomes propios que interviron nesta cita foron: Manuel Viqueira, presidente da asamblea comarcal de Cruz Vermella Ordes; Rosa María Ocampo e Fátima Darriba, técnicas  da asamblea comarcal de Cruz Vermella Ordes.  María Silveira Santamaría, directora de Xuventude  de Cruz Vermella Ordes, finalizou a súa ponencia anunciando a próxima celebración en Ordes dun curso a nivel provincial sobre identidade de xénero.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies