Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Conversa con Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística

Entrevistamos ao Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, para falar do momento que vive o galego
Valentin-Garcia-Gomez-Secretario-Xeral-Politica-Linguistica-slide-26-decembro-2022_3189_r

Compostela, 03 de xaneiro do 2023 – Unha recente enquisa do INE mostraba que por primeira vez o castelán é o idioma máis falado por diante do galego.

As enquisas feitas polo Instituto Galego de Estatística dan resultados algo distintos pero pódese dicir que o castelán e galego están nunha situación de empate técnico e que crece o uso bilingüe.

Lindeiros falou hai uns días con Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, para saber un pouco máis sobre o momento que vive o idioma galego. Comezamos preguntando por esa enquisa e sobre a visión que se ten desde a Secretaría.

Non hai moito comezouse a falar dos neofalantes como unha oportunidade para que creza o número de usuarios do galego. Valentín García pensa que o é e que temos que ser flexibles co uso que fan da lingua xa que ao principio todos cometemos erros.

Fronte a unha percepción dramática do uso do galego que as veces fan, facemos, os medios de comunicación hai cada vez máis plataformas que usan o idioma. Internet ten cada vez máis canles nos que o galego cobra protagonismo e redes como Tik Tok, Instagram Twetter ou Facebook teñen comunidades moi activas no usa do galego

Na liña das novas tecnoloxías destaca o proxecto Nós impulsado desde a Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia. Síntese de voz e recoñecemento da fala,

sistemas de diálogo, tradución automática ou corrección e avaliación lingüística automática son algúns dos campos nos que traballa este proxecto

O vindeiro Día das Letras Galegas estará dedicado a Francisco Fernández del Riego coincidindo cos 60 anos de estas xornadas e os 110 do seu nacemento. Un home que formou parte da xeración que continuou o traballo da Nós e que converteuse nunha referencia do galeguismo.

Rematamos a conversa preguntando polo momento que vive o eido da cultura en manifestacións como a música ou a  literatura. Cada semana saen á rúa novas producións cunha gran calidade e que están ampliando o público máis alá das fronteiras do noso territorio

Valentín García Gómez é unha das persoas que mellor coñece a situación do galego e o demostra en calquera conversa. Ao mesmo tempo mantén unha boa relación con tódolos sectores culturais, algo non moi doado nos tempos que corren.

A súa formación máis académica, que case nunca se menciona, abala ese coñecemento xa que é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, posgrao e mestrado en Administración Local (USC) e diplomado en música polo Conservatorio de Santiago de Compostela.

Pero máis alá do que saiba está o que sinte. Uns poucos minutos de conversa con Valentín bastan para decatarse do amor que ten polo galego e pola súa terra. Iso é moito máis do que se alcanza a ver en outros moitos responsables e é de agradecer.

Post navigation

Previous: “Amaños” nun contrato do concello de Touro
Next: Peleteiro segue no centro do debate

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.