займ срочно

Contacontos e programas de radio para o Día das Letras en Melide

0

Melide, 11 de maio do 2021 – O concello de Melide ven de presentar unha variada programación de actividades de cara ao Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xela Arias.

Os centros educativos de Melide desfrutarán os días  13 e 21 de maio de contacontos e monólogos de temática educativa e cultural. O venres, día 14 de maio,  a radio municipal emitirá un programa especial sobre a vida e obra de Xela Arias. Será ás 11:00h.

Na mesma liña, o luns 17 de maio celebrarase as 18:00h un contacontos e obradoiro de debuxo ilustrado, ao que poderá acudir público de todas as idades, previa reserva de praza.

No Parque de Rosalía de Castro e no Centro Sociocultural Mingos de Pita terá lugar o 22 e 23 de maio un obradoiro de Rap Improvisado en Galego, no que poderán participar nenos e nenas maiores de 13 anos, sendo necesaria a reserva de praza para poder realizar a actividade.

O Ditame do I Premio do Relato Curto en Prol da Igualdade, a pintada de frases literarias nos pasos de peóns e a emisión de dípticos sobre Xela Arias, completan o programa.

As reservas de praza poderanse realizar no correo electrónico reservasculturais@concellodemelide.gal, no teléfono 981505003 EXT 2122 ou no Departamento de Cultura do Concello de Melide.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies