займ срочно

Concerto da Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta da coreana Eun Sun Kim

0

Compostela, 23 de abril do 2019 – A contratempo e o nome elixido para os dous concertos, Santiago e Vigo, que dará esta semana a Real Filharmonía de Galicia.

A directora coreana Eun  Sun  Kim será a encargada de dirixir a formación no que será o seu debut coa orquestra. A cita en Compostela será este xoves as oito e media e a de Vigo o venres as oito no Teatro Afundación. A contratempo comezará coa Abertura en  Do da pianista e compositora alemá Fanny  Mendelssohn  Hensel (1805-1847), irmá de Felix  Mendelssohn e unha das mulleres con maior talento musical do século  XIX. Como compositora era excepcionalmente enxeñosa. Ao longo da súa traxectoria compuxo ao redor de 400 obras, entre as que sobresae esta, unha peza íntima e moi fermosa.

A continuación, os músicos interpretarán a Sinfonía  nº 22, coñecida como “O filósofo”, do compositor austríaco Franz Joseph Haydn (1732-1809), chamado o “pai da sinfonía” pola súa contribución a este xénero. Crese que o nome desta sinfonía deriva da melodía e o contrapunto do primeiro movemento, que fai alusión musicalmente a un pregunta seguida dunha resposta, asociado co sistema de debate denominado  disputatio. O uso na peza do efecto dun  tic- tac apagado tamén lembra a imaxe dun filósofo pensando profundamente conforme pasa o tempo.

O programa inclúe ademais a Sinfonía en  Do da compositora austríaca de orixe española  Marianne Martínez (1744-1812). Foi discípula de Haydn, quen a chamaba “a pequena española”. É unha das compositoras máis citadas do seu tempo.

Os concertos concluirán coa Sinfonía  nº 101 de Haydn. Trátase da novena das doce Sinfonías de Londres, coñecida popularmente como “O reloxo” polo ritmo do segundo movemento.

O público poderá manter un encontro previo coa directora  Eun  Sun  Kim

Antes da celebración do concerto de abono do xoves en Santiago, o público asistente ao mesmo terá a oportunidade de manter unha charla previa coa directora  Eun  Sun  Kim. A cita será ás 19:45 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia “Convers@ndo con”, que a Real  Filharmonía de Galicia promove antes de cada concerto, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.

Eun  Sun  Kim estudou Composición e Dirección na súa cidade natal,  Seúl. Continuou a súa formación en  Stuttgart, onde se  graduó con distinción. Inmediatamente despois de finalizar os seus estudos recibiu o Primeiro Premio no “Concurso Internacional de Dirección de Ópera Jesús López  Cobos”.

Logo do seu sensacional debut coa produción da  Traviata da Gran Ópera de  Houston en 2017/18, foi nomeada principal directora invitada da compañía, converténdose na primeira muller en conseguilo nos últimos 25 anos. É convidada habitual en moitas óperas europeas, en particular a Ópera Estatal de Berlín.

O seu recoñecemento internacional produciuse no ano 2012 tras o seu exitoso debut na produción da  Bohème coa Ópera de Frankfurt. En 2010 debutou no Auditorio Nacional de Madrid coa Orquestra Sinfónica de Madrid e tamén no Teatro Real.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies