займ срочно

Concerto de apertura de Conecta Fiction con música de bandas Sonoras de televisión

0

Compostela, 20 de xuño do 2017 –  O Auditorio de Galicia de Santiago acolle ás 20,00 horas o concerto de apertura do encontro Conecta FICTION, no que a Real Filhamonía de Galicia interpretará as bandas sonoras de coñecidas series de televisión baixo a bauta de Geoffrey Styles.

Con esta actuación, aberta tamén ao público xeral de xeito gratuíto, daráselles a benvida aos 350 profesionais de 20 países acreditados neste encontro, que se desenvolverá na Cidade da Cultura e noutros espazos de Compostela ata o vindeiro día 23 como primeiro evento internacional pensado especificamente para a coprodución de series e miniseries de televisión entre Europa, Latinoamérica e os Estados Unidos de fala hispana.

Promovido pola Xunta de Galicia, ICEX España Exportación e Inversiones e a Fundación SGAE, baixo a produción de Inside Content, Conecta FICTION reunirá representantes de cadeas e plataformas de televisión, produtoras, distribuidoras, empresas inversoras, de servizos e asesorías xurídicas, ademais de creadores, guionistas e axentes de vendas. Entre eles, figura persoal directivo de 35 coñecidas canles televisivas, como Arte, Atresmedia, Fox, France Televisión, HBO, Mediaset, Movistar+, Netflix ou RTVE, que acoden a este foro na procura de novos proxectos de series ou miniseries para coproducir.

Para presentar este concerto, Geoffrey Styles estivo acompañado hoxe por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e Belén Hernández, xerente do Consorcio da Cidade de Santiago, nun encontro informativo que tivo lugar nunha das pausas dos ensaios da orquestra.

Unha das bandas sonoras máis destacadas, polo fenómeno de masas mundial no que se converteu a ficción, é Juego de tronos, con partitura de Ramin Djawadi, autor ademais da música doutra serie de culto de HBO, Westworld. O programa inclúe tamén composicións de autoría galega como El final del camino, de Manuel Riveiro; Seis hermanas, de Sergio Moure; e Vidago Palace, de Xavi Font; ademais de temas doutras coñecidas series como Isabel, El tiempo entre costuras, Allí abajo, Sé quien eres e Estocolmo.

O director que levará a batuta, Geoffrey Styles, é un experimentado profesional, particularmente no campo da ópera. O seu repertorio abarca máis de sesenta pezas que van dende Henry Purcell a Oscar Strasnoy. Na temporada 2016-2017 está a desenvolver novos proxectos para a Ópera de París e debuta coa Grand Opera Thailand de Bangkok. Foi ata 2014 director asociado da Ópera de Burdeos.

O evento está presentado polos actores Isabel Blanco e Antonio Sansano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies