Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Muros
  • Xeral

Dez días de Entroido en Muros

O Concello de Muros presenta a súa programación de Entroido que comezan o mércores 7 de febreiro e rematan o venres día 16.
Print

Bisbarra, 31 de xaneiro do 2024 – O Concello de Muros presenta a súa programación de Entroido que comezan o mércores 7 de febreiro e rematan o venres día 16.

A alcaldesa de Muros, María Lago, di sobre a programación que “Levamos o Entroido de Muros ás parroquias coa colaboración das asociacións veciñais, unha prioridade para o concello”.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca pola súa parte que “a programación inclúe actividades para todas as idades e o tradicional concurso de comparsas e disfraces o domingo 11 de febreiro”.

A primeira cita será o obradoiro ‘Letras disfrazadas’ na Axencia de Lectura Municipal de Esteiro, o mércores 7 de febreiro ás 17.30 horas, para dar paso o venres 9 ás 17:00 horas á festa infantil de disfraces en Surribos (Abelleira).

A mesma tarde do venres 9 de febreiro, ás 18.00 horas o obradoiro ‘Letras disfrazadas’ chegará á Biblioteca de Muros, e ás 20.30 horas haberá Festa de Entroido para maiores en Sel, mentres que o sábado 10 ás 17:00 horas a festa infantil de disfraces será en Agrovello (Tal).

O domingo 11 de febreiro ás 17:00 horas celebrarase o concurso de comparsas e disfraces, que percorrerá Virxe do Camiño, avenida Porteliña, rúa Castelao e Curro da Praza. O concello repartirá más de 3.500 euros en premios.

O luns e martes haberá festas infantís no pavillón Xosé Lago de Esteiro; Pozo do Cachón, en Serres, e no Centro Social de Louro. O mércores 14 de febreiro ás 19:00 horas celebrarase o enterro do Facundo e, como remate da programación, o venres 16 haberá dúas novas festas infantís na Casa Reitoral de Torea e na Biblioteca no Centro San Xosé.

Post navigation

Previous: A Deputación demanda máis investimento da Xunta en axuda ao fogar
Next: Dodro trata de non perder un parque infantil

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.