займ срочно

Concello de Santiago e Acuaes asinan o contrato para desenvolver o proxecto de depuradora

0

Compostela, 16 de marzo do 2019 – O proceso de diálogo competitivo que permitirá a ampliación da depuradora da Silvouta comezaba onte coa sinatura do contrato entre o concello de Santiago e Acuaes.

Martiño Noriega, alcalde da cidade, e Rosa Cobo, directora xeral do ente público, eran os responsable de rubricar o documento. O contrato é o primeiro paso para que Acuaes poida escoller á empresa que se encargue da redacción do proxecto da EDAR. O diálogo competitivo é unha figura contemplada na Lei de Contratos, pola que o órgano licitador require solucións innovadoras para un problema cuns condicionantes concretos. No caso da depuradora, primaranse solucións que garantan a construción da infraestrutura nos terreos da depuradora Silvouta, cuns prazos que permitan acceder aos fondos europeos consignados para a actuación, e cunha solución tecnolóxica innovadora.

O convenio asinado sinala que será o Concello o que asuma o custo do diálogo competitivo, fixado nun máximo de 450.000 euros. Tal e como explicou o alcalde, “a cifra que achegue o Concello para este proceso será compensada despois no convenio para a construción da EDAR, de xeito que os custos finais para as arcas municipais serán os mesmos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies