Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda

De Museos coa USC e outros modos de pasar a corentena IV

usc-museos-virtuais-slide-1-abril-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 1 de abril do 2020 – Seguimos incorporando a axenda un mundo de actividades culturais que facer e disfrutar a través da rede para pasar a corentena do mellor xeito posible.
    • Museos
    • Ópera e cinema
    • Escola de teatro

Bisbarra, 1 de abril do 2020 – Seguimos incorporando a axenda un mundo de actividades culturais que facer e disfrutar a través da rede para pasar a corentena do mellor xeito posible.

En esta ocasión e a USC, a Universidade de Santiago, a que nos propón algunhas cousas para a corentena tan interesantes como saír de museos, ver cine galego ou escoitar ópera.

 “Conseguir que este tempo non caia sobre nós como unha lousa non ten que depender exclusivamente de que teñamos ou non plataformas que nos permitan ver series e filmes a esgalla”, afirman dende  A Área de Cultura da USC ao tempo que propoñen algunhas opcións

De Museos coa USC e outros modos de pasar a corentena IVMuseos

Os grandes museos do mundo permiten realizar percorridos, acceder a reportaxes especiais e consultar documentación sen necesidade de facer longas colas. Así, o Museo do Prado alberga propostas en liña con explicacións por parte de expertos, sobre obras senlleiras e artistas. Pola súa parte, o Museo do Louvre tamén ofrece reportaxes especiais sobre os fondos máis destacados que posúen.

Os Museos do Vaticano permiten visitas virtuais, incluída a Capela Sixtina, e o British Museum deixa que se explore, unha por unha, as cen salas que o integran. As Galerías Uffizi, o Metropolitan Museum of Art de New York, ou o Rijksmuseum de Amsterdam, son outras das opcións ás que se pode acceder de modo virtual. Ademais, na ligazón Museos de Galicia pode atoparse información de todos os museos e coleccións da comunidade.

Ópera e cinema

A Metroplitan Opera de New York está a ofrecer cada día na súa web unha ópera en streaming gratuíto da súa colección ‘Live inHD’. No relativo ao cinema, a web Novo Cinema Galego ofrece dúas ducias de longametraxes e curtas que poden verse en liña e de balde.

Escola de teatro

A Escola de Teatro da USC acaba de retomar asemade as aulas de Dirección que se viñan impartindo no presente curso académico, ás que se suma tamén Interpretación. “Desde aquí queremos enviar un abrazo de ánimo a todos os colectivos universitarios que estaban traballando nos seus proxectos escénicos e aos que a presente situación sanitaria impuxo un parón”, sinalan os seus responsables.

Post navigation

Previous: Aventuras na monte das artes, o Gaias tamén se apunta aos contidos en liña
Next: Cruz Vermella, un voluntariado imprescindible

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.