займ срочно

A USC traballa nunha cartografía de risco do COVID19

0

Compostela, 18 de maio do 2020 – Unha cartografía de risco coordinada polo profesor da USC Ángel Miramontes permitirá coñecer onde se localizan os principais focos de contaxio pola COVI19.

A cartografía mostrará ademais con que factores territoriais están relacionados ese focos e cales son os espazos de actuación chave para frear a súa propagación. O convenio de colaboración asinado este xoves coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), por importe de 71.174 euros, favorecerá a análise do comportamento espacial de propagación da COVID-19 en Galicia.

A USC traballa nunha cartografía de risco do COVID19

Imaxan de piviso en Pixabay 

O labor de apoio científico e técnico concretarase na elaboración dunha cartografía da localización espacial dos afectados nas cidades galegas. “Este mapa actualizable, permitirá realizar un diagnóstico sobre o comportamento espacial do contaxio, e á súa vez, seleccionar os espazos máis necesitados de aplicar medidas anti-propagación”, explica o profesor Miramontes. Seguindo a mesma metodoloxía, realizarase a cartografía correspondente ás cabeceiras comarcais e entidades de poboación das áreas rurais.

A memoria técnica do proxecto titulado ‘Xeración de cartografía de risco da COVID-19 nos espazos urbanos e rurais de Galicia’ foi realizada polo profesor Miramontes e contou coa colaboración do catedrático de Xeografía da USC e coordinador do grupo de investigación de Análise Territorial (ANTE), Rubén C. Lois González. Asemade, para o seu desenvolvemento, no equipo investigador integráronse expertos en Xeografía da Saúde doutras universidades españolas.

Esta cartografía é un dos oito proxectos concedidos por GAIN no marco da convocatoria que publicou a finais de marzo para impulsar actividades de I+D+i que podan ser transferibles ao sector da saúde, comercio ou industria, ante a situación de emerxencia derivada da evolución da pandemia do coronavirus. A esta convocatoria concorreron 160 propostas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies