займ срочно

O arquivo universitario aborda a memoria epidémica de Galicia

0

Compostela, 10 de xuño do 2020 – Co gallo do Día Internacional dos arquivos o Arquivo Histórico Universitario presenta unha exposición virtual sobre a memoria epidémica en Galicia dos séculos XVI ao XX.

O Arquivo Universitario  ofrece na mostra unha selección de 50 documentos de tipoloxía moi variada pertencentes a varios dos fondos documentais que custodia. Coa exposición  preténdese poñer de manifesto o papel dos arquivos no ‘Empoderamento das Sociedades do Coñecemento’, lema elixido polo International Council on Archives (ICA) para as actividades realizadas en desenvolvemento desta efeméride internacional.

O arquivo universitario aborda a memoria epidémica de GaliciaAsemade, coa exposición virtual destes testemuños escritos das consecuencias dos distintos brotes epidémicos na contorna máis inmediata, e das medidas hixiénicas  e de prevención que adoptaron as autoridades da época, o AHUS pretende amosar a sorprendente concomitancia “coa triste realidade que nos está tocando vivir como sociedade e que parece dar por bo o estereotipado carácter cíclico da Historia”, tal e como explica a directora do Arquivo, Désirée Domínguez Pallas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies