займ срочно

Teatro do Noroeste trae a Compostela a peza “Último verán en Santa Cristina”

0

Compostela, 2 de marzo do 2023 – Teatro do Noroeste representará no Teatro Principal de Santiago a obra “Último verán en Santa Cristina”, será o 17 de marzo as oito e media da tarde.

“Último verán en Santa Cristina” é a nova peza de Teatro do Noroeste, un texto firmado polo dramaturgo Eduardo Alonso, ambientado nos anos 60, que trata das sensibles e conmovedoras lembranzas dun neno que vive a súa infancia na España franquista.

Como é fillo de militar, o rapaz vive con intensidade os acontecementos da sociedade franquista da época, como os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estadía de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea. Entre os seus propios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora recibidas, vai descubrindo a relación da súa nai, a muller do militar, cun antigo amigo da mocidade, fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia en 1960.

Teatro do Noroeste regresa á Santiago cunha proposta protagonizada por Xavier Estévez, Luma Gómez, Miguel Pernas, Maxo Barjas e Manuela Varela. As entradas para ver o espectáculo están dispoñibles a través da plataforma www.compostelacultura.gal e, o mesmo día da función, na billeteira do teatro 

 Teatro do Noroeste

Teatro do Noroeste é unha compañía de teatro galega fundada en 1987. Na súa dilatada traxectoria leva producido e distribuído unha gran cantidade de espectáculos. Entre estas pezas atópanse textos clásicos, como Rei Lear, Macbeth ou Noite de Reis, de William Shakespeare, ou As vodas de Fígaro, de Caron de Beaumarchais; textos máis contemporáneos, como Os Xustos, de Albert Camús; de autores galegos, como Historias peregrinas e A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, e Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro, ou o musical Imperial: Café cantante. Vigo 1936, de Eduardo Alonso, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies