займ срочно

Compostela Rupestre avanza coa compra de parcelas no Piquiño

0

Bisbarra, 15 de novembro do 2021 – O concello de Teo acolleu unha nova reunión de Compostela Rupestre na que se acordaron o destino de fondos para os vindeiros meses.

Compostela Rupestre acordou destinar 50.000 para a compra de parcelas no Monte Piquiño. Tamén haberá fondos para limpeza e sinalización de elementos patrimoniais que deben realizarse no que queda de ano e durante o 2022. Santiago tamén recibirá ademais 150.000 euros para a creación do CIRVI (Centro de Interpretación Rupestre de Villestro).

A reunión contou coa presenza do vicepresidente da Deputación e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, e o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, así como os representantes dos cinco concellos con terreos integrados no Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre (Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra).

Ademais do investimento en compra de parcelas no Monte Piquiño destinaranse 125.000 euros para o mantemento, limpeza e sinalización de entidades patrimoniais (a contorna dos petrógligos) e para a actualiación da páxina web do proxecto, implementando un sistema de xeolocalización dos elementos patrimoniais, que se repartirán entre todos os Concellos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies