займ срочно

Novas perspectivas e voces femininas para a 33º edición de Cineuropa

0

Compostela, 26 de outubro do 2019 – Este venres era presentada a 33º edición de Cineuropa, baixo nova dirección o festival aposta por buscar novas perspectivas e por en valor as voces femininas.

Desde o mesmo cartaz Cineuropa 2019 suxire ese cambio de visión. Os novos responsables non falan dun cambio do feito ata agora pero explican que as visións e perspectivas cambian cando cambian as persoas.

Do 7 ao 28 de novembro

33º edición de CineuropaA vindeira semana, nunha segunda rolda de prensa, coñecerase toda  a programación. Cineuropa centra este ano a súa mirada na visión e no cinema realizado por mulleres, que será fío condutor tanto de boa parte d e esa programación como das súas actividades paralelas.

A muller, a súa relación co cinema e a visión feminina serán protagonistas na sección oficial do festival e tamén terán unha forte presenza nas das seccións paralelas, as especiais, nas retrospectivas e nas mesas redondas que este ano completarán a programación.

Tras valorar a produción de cine ao longo do ano a organización decidiu que o certame estivera marcado por un “feminismo transversal” que na práctica supón un  incremento no número de películas realizadas por directoras e unha presenza nas sensibilidades dos temas escollidos nos filmes.

na presentación estiveron presentes a responsable de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; a directora do festival, Laura Seoane; e o coordinador de programación, Javier Trigales,

33º edición de CineuropaSeccións

O festival terá nesta edición cinco seccións oficiais (Europea, Panorama internacional, Docs Cineuropa, Latidoamericano e unha novidosa sobre animación denominada Animaeuropa) e, por primeira vez, o público poderá premiar un filme por cada unha das categorías.

Haberá tamén premios entregados por un xurado novo para o que está aberto o prazo de inscrición, que se pode realizar na páxina web https://www.cineuropa.gal/ ata o 31 de outubro.

A venda de abonos e entradas comezará o luns 4 de novembro e o xoves día 7 terá lugar a sesión inaugural do festival. Esta 33ª edición contará ademais con tres sesións de películas sorpresa, maratón, concertos e mesas redondas de arredor de diferentes temáticas. A programación completa darase a coñecer o día 31 de outubro.

O equipo de Cineuropa

O festival está dirixido este ano por un equipo liderado por mulleres vinculadas ao ámbito cinematográfico e do eido cultural da empresa de xestión e produción cultural La Tropa Produce, que labrou a súa experiencia no sector coa organización de diversos eventos como os premios Feroz da Asociación de Informadores Cinematográficos de España, o festival Lo Que Viene de Tudela de Navarra, o Festival Internacional de Cine de Almería ou cine de verano de Conde Duque do Concello de Madrid.

Ao fronte do equipo está xornalista e produtora cultural coruñesa Laura Seoane, que ten experiencia na xestión integral de proxectos relacionalos co cinema. Foi fundadora e produtora dos premios Feroz, codirectora do Festival Internacional de Cine de Almería, programadora do festival de cine Lo Que Viene, directora e responsable de programación da 36ª Semana de Cine español de Carabanchel (Madrid), directora do cine de verán Conde Duque e produtora do ciclo de cine musical Sing-Along.

O xestor cultural coruñés Javier Trigales é o responsable da coordinación da programación do festival e conta con experiencia como comisario e programador de contidos audiovisuais, seminarios e ciclos de cinema no Museo de Arte Contemporánea da Coruña (MAC), no (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, no Fórum Metropolitano, o museo científico Muncyt e o festival Curtocircuíto, entre outros.

Cineuropa é un festival organizado polo Concello de Santiago, a través do Auditorio de Galicia, coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña. Conta tamén co apoio da AGADIC da Xunta de Galicia, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, o ICAA do Ministerio de Cultura e Deporte e os Multicines Compostela. Ademais, o festival é apoiado tamén por diversas institucións culturais e varias empresas da cidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies