займ срочно

Saint Omer vencedora de  Cineuropa

0

Compostela, 21 de novembro do 2022 – Cineuropa pecho a 36º edición outorgando o premio principal da sección competitiva á longametraxe francesa Saint Omer.

Saint Omer é a primeira longametraxe de ficción da francesa Alice Diop. A historia xira en totno a Rama, una novelista que asiste ao xuizo de Laurence Coly na audiencia da localidade de Saint-Omer. Laurence é acusada da morte da súa filla de quince meses. Rama buscaba reinterpretar nunha novela o mito de Medea pero ao longo das sesións todo vai cambiando.

O xurado estivo composto pola fotógrafa e cineasta uruguaia Irina Raffo, o crítico e divulgador Martin Pawley e o director Alberto Morais.

O premio á mellor dirección foi para Marian Mathias, autora de Runner. Tengo sueños eléctricos, da costarricense Valentina Maurel, foi galardoada cos premios á mellor guión e o premio á mellor interpretación masculina pola autenticidade do seu protagonista, Reinaldo Amien. Por último, o premio á mellor interpretación feminina foi concedido ex-aequo para Aline Küppenheim (por 1976) e Céleste Brunnquell (por Fifi).

Membros da corporación municipal

Palmarés do Xurado Novo

Pola súa banda, o xurado novo composto por Roque Barcia, Saúl Buján, Lydia Fernández, Antón Rial e Ana Laura Rodríguez distinguiu a Park Chan-Wook como mellor director por Decision to leave. Segundo os membros do xurado novo, o director surcoreano é merecedor deste galardón “polo seu atrevido uso da cámara en ángulos imposibles, pola súa coidada montaxe, chave para entender a obsesión do protagonista, e pola súa atención ao uso da cor en cada plano, de forma que ningún deles é máis importante que os demais”.

O premio á mellor interpretación masculina foi para Nacho Sánchez, protagonista de Mantícora, “por saber retratar os peores instintos do ser humano, non só sen caer na esaxeración nin clichés, senón cunha interpretación hipnótica e sincera”.

Xurado novo

No que respecta á mellor interpretación feminina, o xurado novo decidiu premia ex-aequo as interpretacións de Lily McInerny (de Palm trees and Power lines) e Virginie Efira ( de Les enfants des autres) por “cativarnos coas súas interpretacións, ambas brillantes de seu e parte fundamental dos seus respectivos filmes, dúas exhibicións maxistrais de talento e emoción xenuínos”.

En canto ao guión, resultaron premiadas as arxentinas Laura Citarella e Laura Paredes, guionistas de Trenque Lauquen “por quen de representar a maxia que existe no día a día e facernos pensar máis aló das nosas expectativas e prexuízos. Cativándonos cunha atmosfera indestrutible, é unha obra que se atreve a chegar todo o máis profundo do individuo de maneira delicada, reflectindo as nosas maiores inquietudes e deixándonos cun interrogante final que talvez sexa a resposta a moitas outras preguntas”.

Xurado oficial

O xurado novo decidiu outorgar unha mención honorífica a Eo, do polaco Jerzy Skolimowski, “por unha dirección atrevida e vangardista, unha montaxe extraordinaria e unha trama cativadora, tenra e animalista”.

Por último, Roque, Saúl, Lydia, Antón e Ana Laura premiaron a Mantícora, de Carlos Vermut, como mellor película, “pola súa valentía á hora de tratar o peor do ser humano, pola súa hipnótica e brillante inmersión na mente do seu protagonista e pola súa arriscada posta en escena”. 

Premio do público

Como cada ano, o público soberano de Cineuropa vota o seu filme favorito da edición. Neste caso, o premio do público á mellor película da 36ª edición de Cineuropa foi para El caso Padilla, do cubano Pavel Giraud, un potente documental con imaxes inéditas da famosa autocrítica do artista na Habana de 1971.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies