займ срочно

Compostela remata os novos pregos do transporte urbano

0

Compostela, 20 de marzo do 2024 – O goberno municipal de Compostela ven de rematar os pregos do novo transporte urbano da cidade, con eles comeza unha nova etapa administrativa.

Despois de que o anterior proceso tivera que ser suspendido, atendendo a informes técnicos, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe uns pregos nos que o goberno local lleva traballando meses. O documento inicia agora un longo camiño que debería rematar coa adxudicación do servizo.

Ao longo dos vindeiros 20 días os pregos estarán en exposición pública. A continuacións serán remitidos á Oficina Nacional de Evaluación que ten un mes para contestar. Desde o goberno municipal espérase que dita oficina no presente inconvenientes xa que se tiveron en conta as cuestións xa expresadas polo organismo nos anteriores pregos.

Tras pasar esa avaliación o transporte urbano de Compostela sairá a licitación. Esta será a última etapa pero pode tardar meses xa que se trata dunha adxudicación moi complexa por un período de 13 anos e un custo estimado de 286 millóns de euros e un importa base de saía de 137 millóns.

Novidades

Os pregos que regularán o novo transporte urbano de Santiago obrigan á empresa adxudicataria a renovar flota con 67 vehículos novos, 18 deles eléctricos, no prazo dun ano. Mentres pasa ese período terán tamén que cambiar os autobuses actuais nun prazo de dous meses desde a sinatura do contrato, xa sexa con novos ou usados.

Ao mesmo tempo o cambio de contrato implicará a renovación tanto do software como do hardware dos autobuses para conseguir que a app funcione correctamente e proporcione a información que os usuarios demandan.

As liñas pasaran de 24 a 15 pero cun servizo maior que as actuais. A innovación mais importante será o servizo ao rural de Compostela. As denominadas “liñas alimentadoras do rural”, terán ata 11 frecuencias diarias, adaptadas ás horas de maior demanda, que enlazarán zonas sen servizo na actualidade con outras que cheguen ao centro para o que disporán  de ata dous transbordos de balde.

Aeroporto, Transantiago e nocturno

A liña do aeroporto será un autobús lanzadera que saíndo da Intermodal parará só no Palacio de Congresos antes de coller a autovía ata o aeródromo. Outra das novidades será a denominada Transantiago que partindo do límite co Milladoiro, en Ames, chegará ata o límite con Sigüeiro, en Oroso, cruzando toda a cidade e cunha frecuencia de 30 minutos.

 Por outra banda as liñas círculares, C2 e C4, circularán de mércores a sábado desde as sete da mañá ata as cinco da madrugada. O bus nocturno era unha das demandas da veciñanza.

Prezos

O prezo do billete para o usuario podería estar arredor do 1,25 euros. Ao mesmo tempo mantéñense todos os bonos e descontos actuais e barállase que se poidan incluso rebaixar en casos como o bono ordinario que pasaría dos 60 céntimos por viaxe actual aos 0,56; ou o mensual que pasaría dos 0,56 céntimos aos 0,51.

O estudo tamén prevé unha tarifa específica para a liña de bus ao aeroporto, neste caso non bonificada, que será de 6 euros para o billete de ida e de 10 euros para o billete de ida e volta. En canto aos pensionistas, mantense a previsión da licitacion aprobada no pasado mandato, de maneira que haberá 100 viaxes gratuítos ao ano, e a partir de aí o prezo do billete será de 0,50 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies