Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Santiago paraliza as obras na gasolineira de Brandía

Na tarde de este mércores o concello de Santiago daba a coñecer a paralización das obras de acceso ao que sería a futura gasolineira de Brandía, en Vidán.
compostela-paralizacion-gasolinera-brandia-slide-27-xullo-2023_r

Compostela, 27 de xullo do 2023 – Na tarde de este mércores o concello de Santiago daba a coñecer a paralización das obras de acceso ao que sería a futura gasolineira de Brandía, en Vidán.

A construción da gasolineira, coa oposición dos veciños, está inmersa nunha maraña xudicial de incerto resultado. A paralización das obras é un chanzo máis en este polémico proxecto. En este caso o concello paraliza a obra dos accesos á gasolineira e os “usos que de esta se derivan”.

O concello ordena a paralización por “non axustarse ás condicións sinaladas no título municipal habilitante pendente da primeira ocupación”. A suspensión ten carácter executivo e inmediato e data do 20 de xullo. O concello explica ademais que as obras non teñen “autorización para acceso permanente ao estar pendentes de que a comunicación previa de primeira ocupación despregue os seus efectos, condición necesaria para a autorización”.

Un proxecto no xulgado

A historia xudicial de este proxecto ten varios capítulos. Tras obter a licencia de apertura e construción, o Colexio de Enxeñeiros denunciou nos tribunais á empresa porque o proxecto estaba asinado por un arquitecto e tiña que ser, segundo eles, un enxeñeiro.

O tribunal doulle a razón e ordenou a demolición de todo o construído. Esta sentenza foi recorrida. No proceso o concello de Santiago viuse obrigado tamén a recorrer, o contrario sería recoñecer que a licencia fora mal outorgada.

No mes de xaneiro o concello aprobaba unha modificación do PXOM que impide a construción da gasolineira no mesmo sitio no que está na actualidade. A empresa foi de novo ao xulgado xa que considera que a licencia outorgada é correcta e que, en calquera caso, a orde de demolición pendente de recurso non ten que ver coa ubicación xa que se trata dun conflito de competencias entre colexios profesionais.

De tal xeito que por un lado os xulgados terán que resolver o problema de competencias entre enxeñeiros e arquitectos e manter, ou anular, a orde de demolición. Por outro teñen que resolver si a modificación do PXOM é, ou non, correcta o que implica que, no caso de ter que se demolida, pode pedir de novo a licenza ou non.

Agora, a maiores, a obra non continuará xa que o concello advertiu a empresa que “con esta paralización se poderán adoptar as medidas provisionais necesarias para garantir a total interrupción da actividade, tales como precintado das obras, a retirada de materiais e maquinaria, a suspensión de subministracións ou a execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, que se reiterarán ata acadar o cumprimento da orde de paralización e calquera outra medida que sexa conveniente a prol da efectividade da suspensión”.

Unha orde de paralización que, polo visto anteriormente, acabará nos tribunais.

Post navigation

Previous: A feira do vestir, o Día do Traxe e o TradFest pecharán o Apóstolo
Next: Dodro pide civismo ante o lixo incontrolado

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.