Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Unha nova etapa para o Panteón de Galegos Ilustres

Comeza a desenvolverse a Lei do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, aprobada o pasado mes de agosto, cunha reunión entre os responsables
reunion panteon galegos slide

Compostela, 20 de decembro do 2023 – Comeza a desenvolverse a Lei do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, aprobada o pasado mes de agosto, cunha reunión entre os responsables do mantemento e mellora do espazo.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reuniuse co conselleiro de Cultura da Xunta, Román Rodríguez,  coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e co arcebispo de Santiago, Franscisco José Prieto, para dar comezo aos trámites previstos na Lei 5/2023, do 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, aprobada por unanimidade co respaldo de diferentes institucións e entidades.

Na xuntanza, celebrada a petición do presidente da Cámara, acordouse iniciar os trámites encamiñados a constituír e rexistrar a Fundación Panteón de Galegas e Galegos, así como os referidos a que tanto a Arquidiocese como o Concello de Santiago cedan á futura Fundación o uso, respectivamente, da Igrexa de San Domingos de Bonaval e da parte do terreo público municipal imprescindible, dada a súa vinculación física con el.

Santalices Vieira agradeceu a predisposición amosada polo conselleiro, a alcaldesa e o arcebispo para completar estes trámites.

O contido da Lei 5/2023, do 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, pode consultarse no seguinte enlace:

https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei5_2023.pdf

Post navigation

Previous: O Concello de Oroso executa o Plan de Camiños 23-24
Next: Ames amplía a Carballeira dos Trasgos

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.