Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Os orzamentos participativos de Compostela volven  a ser realidade

Os orzamentos participativos foron unha das iniciativas do goberno de Compostela Aberta que quedaron aparcadas na pasada lexislatura.
compostela-orzamentos-participativos-slide-11-abril-2024_r

Compostela, 11 de abril do 2024 – Os orzamentos participativos foron unha das iniciativas do goberno de Compostela Aberta que quedaron aparcadas na pasada lexislatura.

O novo goberno de coalición, BNG Compostela Aberta, recuperounos e ven de mostrar os resultados da iniciativa que non poder ser máis positivos. Máis de mil xoves da cidade participaron no proceso de elección das 10 propostas que se realizarán este ano.

A primeira tenente de alcalde María Rozas recoñecía na rolda de prensa que a experiencia serviu para que en este caso os resultados foran mellores xa que pasaron dun máximo de 300 votos nas edicións anteriores a os máis de 1000 de esta. A colaboración dos institutos e as charlas foron determinantes de este éxito.

Rozas pon sempre como exemplo a cidade brasileira de Porto Alegre, unha referencia en este tipo de procesos. Na segunda edición estiveron a punto de cancelar a iniciativa por falta de participación e hoxe en día son centos de miles os veciños que participan.

Variedade de propostas

Propostas relacionadas co cine, a música, os animais e a saúde foron as máis votadas nos Orzamentos Participativos do departamento de Xuventude. A partida destinada era de 100.000 euros pero as propostas non poderían supoñer máis de 15.000 para evitar que unha soa levara todo o diñeiro.

A proposta que recibiu máis apoios no proceso de Orzamentos Participativos, con 595 votos, foi a da realización dun ciclo de cine ao aire libre, no que sexa o público quen seleccione as películas proxectadas. Esta será a primeira actividade en executarse, previsiblemente a finais de xuño.

En segundo e terceiro lugar situáronse dúas actividades relacionadas coa música: un concerto dun grupo ou artista referente da escena musical actual; e un festival de música urbana, con artistas emerxentes de hip hop, rap, reggaeton, trap ou freestyle.

A cuarta proposta seleccionada polos participantes no proceso Compostela Decide é unha feira de adopción de animais, e en quinto e sexto lugar situáronse outras dúas propostas musicais: a celebración de festivais de música de diferentes xéneros como rock, indie, techno ou rock alternativo; e un festival de música con artistas emerxentes locais e galegos.

Un programa de voluntariado para o coidado e atención de animais situouse como a sétima proposta mellor valorada; mentres que a oitava foron actividades de música e cultura tradicional galega e foliadas abertas.

A lista das dez propostas que se executarán ao longo do ano con cargo aos Orzamentos Participativos complétase con dous proxectos do ámbito da saúde: a celebración de cursos de primeiros auxilios dirixidos á mocidade, e un programa de charlas divulgativas relacionadas coa saúde mental da xuventude.

María Rozas explicou que máis alá das actividades que quedan comprometidas no marco dos Orzamentos Participativos, “o departamento de Mocidade terá moi en conta á hora de deseñar a súa programación outras propostas moi interesantes que foron presentadas neste proceso pero que non resultaron ser as máis votadas, e que poderían ser executadas igualmente pola Concellaría”.

Nese sentido, a concelleira lembrou que no proceso foron validadas 103 propostas distribuídas en 15 categorías: Festivais de música e algo máis; Arte urbano e expresións artísticas; Culturas; Cine; Ciencia, Coñecemento, saberes; emprendemento; Ecoloxía e sostibilidade; Economía circular; Gastronomía saudable; eMocidade; Práctica deportiva; Igualdade, diversidade e educación sexual; Inclusión; Saúde; e Dereitos dos animais. En total, foron presentadas 286 propostas, pero moitas deles foron agrupadas porque eran coincidentes e outras non cumprían os requisitos técnicos en canto á súa viabilidade, límite orzamentario ou competencia municipal para o seu desenvolvemento.

Post navigation

Previous: Curso en Padrón de interpretación do patrimonio
Next: Dodro busca solucións ao centro de saúde

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.