Compostela, 11 de xaneiro do 2020 – Primeira toma de contactos do goberno socialista de Santiago co resto dos grupos para conseguir a aprobación dos orzamentos municipais.
Na rolda de prensa dos venres o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, avanzaba que os orzamentos ascenderán aos 117 millóns de euros. Expresaba a intención de chegar a acordos aínda que polo momento non valoraba as primeras conversas. Non descartou, de todos xeitos, que, si non se conseguía un acordo nas negociacións, as contas se presentaran vinculadas a unha moción de confianza.
Primeiras reaccións da oposición
Os 3 grupos da oposición deron este venres as suas primeiras impresións das reunións mantidas co equipo de goberno. Alejandro Sánchez Brunete, por parte do Partido Popular, mostrou a disposición do seu partido a servir de apoio aínda que reclamaron un borrador antes de poder valorar algo máis que palabras. O PP reclamou tamén do executivo un esforzo de transparencia e que concrete as partidas de gasto o máis posible.
Compostela Aberta criticou o retraso e o feito de que sigan sen aprobar os orzamentos do Auditorio, Incolsa e Tussa, que son necesarios antes de levar os globais a pleno. O portavoz, Martiño Noriega, non ve posible unha aprobación antes de final de mes debido a estas circunstancias. CA mostrouse disposto a colaborar e a próxima semana faralle chegar un documento ao goberno municipal coas suas propostas aínda que tamén pediu un borrador para poder valorar a proposta socialista.
Para rematar o BNG reclama tamén un borrador sobre o que poñerse a traballar. A portavoz, Goretti Sanmartín, non considera positiva a actitude do alcalde cando fala da posibilidade de presentar os orzamentos vinculados a unha moción de confianza; para o Bloque esto é un signo de debilidade e do pouco que se avanzou.
Todo por facer
Estas primeiras reunións non deixan ver que posibilidade reais existen de que Compostela teña pronto uns orzamentos. parece difícil que vaian a pleno este mes aínda que o alcalde asegurou que, si chegan a acordos, eles teñen todo preparado para que asi sexa. A vindeira semana xa con papeis enriba da mesa saberase máis sobre os orzamentos da cidade.