займ срочно

A hostalería molesta coa nova norma de rexistro

0

Bisbarra, 14 de xullo do 2023 – A Asociación de Hostalería de Compostela ven de emitir un comunicado no que mostran o seu malestar pola entrada en vigor dun decreto que modifica as obrigacións nos rexistros dos turistas.

O Real Decreto 933/2021 de 27 de outubro de 2021 establece as obrigacións de rexistro documental e información das persoas físicas ou xurídicas que exercen actividades de hospedaxe e alugueiro de vehículos de motor. Hostalería explica que esta norma modifica substancialmente a información que teñen que rexistrar as empresas turísticas cando formalizan un contrato cun cliente e que isto está a crear certo malestar entre os hóspedes e consecuentemente, entre os hostaleiros, que son os responsables de comunicar esta información cando se realiza a reserva ou se formaliza o contrato, ademais de ao comezo dos servizos contratados.

O presidente da Asociación Hostalería Compostela, Thor Rodríguez, sinala que “aínda sendo conscientes de que pouco se poderá facer por cambiala, nós queremos deixar constancia do prexuízo que supón para o sector”.

Á hora de facer rexistro un aloxamento pasouse dunha concisa ficha (nome, apelidos e DNI) a ter que rexistrar a todos os turistas (incluídos os menores de 14 anos con datos proporcionados polos seus acompañantes) cun número de campos moi alto que inclúen nome, apelidos, sexo, tipo de documento de identidade e número, nacionalidade, data de nacemento, lugar de residencia habitual, dirección completa, teléfono fixo e móbil, correo electrónico, numero de viaxeiros e relación de parentesco entre eles (no caso de que algún sexa menor de idade).

Tamén hai que especificar os detalles da transacción: datos do contrato, número de referencia e firmas; información da execución do contrato como datas de entrada e saída, datos do inmoble e a súa dirección, número de habitacións e se ten conexión a internet; tamén o tipo de pago (efectivo, tarxeta de crédito, plataforma de pago, transferencia…), identificación do medio de pago (tipo de tarxeta e número, IBAN conta bancaria, solución de pago por móbil…), titular e data de caducidade da tarxeta, se procede.

Todo isto en cada entrada que se faga, imputando aos establecementos a responsabilidade da exactitude dos datos que se fagan constar, e con sancións por incumprimento da obrigación de rexistro e comunicación de ata 30.000 euros, segundo vén no texto do decreto.

 “A nova norma non só incrementou de forma importante a carga de traballo para o persoal de recepción, senón que tamén establece obrigacións de rexistro, responsabilidades e réxime sancionador, o que para o sector hostaleiro resulta inadmisible”, explica Rodríguez, a quen desde moitos hoteis da cidade fixéronlle chegar que “a nova norma fai que se retarde o proceso de rexistro e empeore a percepción do servizo no cliente, provocando ademais queixas pola natureza dos datos que se lles piden”.

Chama especialmente a atención a relación de parentesco entre os viaxeiros (no caso de que algún sexa menor de idade) ou os datos da transacción, pero sobre todo a obrigación de verificar a información achegada polo hóspede. “É imposible. Pódense recompilar datos, pero non verificalos”, criticando tamén que “algunhas das cuestións que reclama a norma indican un pleno descoñecemento do sector turístico e contradín a normativa europea, de protección de datos sensibles como son os medios de pago, que ademais existe para evitar a fraude”. Por outra banda, hai que ter en conta que o turista non sempre contrata directamente co hotel o aloxamento, senón a través de axencias ou operadores turísticos, polo que non dispoñen deses datos. “Desde a Asociación Hostalería Compostela queremos por de manifesto o malestar que está a causar a norma entre os clientes, e dende logo, o prexuízo para o persoal dos hoteis”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies