займ срочно

Tres días de loito en Compostela pola morte dun bombeiro

0

Compostela, 31 de agosto do 2022 – O concello de Santiago de Compostela ven de decretar tres días de loito oficial polo falecemento dun bombeiro nunha intervención.

É a primeira vez na historia do parque de bombeiros que se produce un falecemento nos seus 160 anos de historia. A bandeira do consistorio permanece desde onte a media hasta en sinal de loito.

Os feitos producíronse a primeira hora da mañá de este martes. Un incendio nun autobús urbano na parroquia de Aríns obrigou a acudir a unha brigada. Cando xa se comezara coas labores de extinción o autobús, en principio bloqueado, desprazouse atrapando ao bombeiro contra o camión de bombeiros.

Tras unha hora de intentos de reanimalo, primeiro polos propios compañeiros e logo polos integrantes dunha ambulancia, se dou por falecido. O bombeiro tiña 25 anos e levaba desde o mes de xuño de prácticas no parque. Tras a parte teórica esta era a súa primeira saída e estaba só como observador.

Nun comunicado oficial o alcalde, toda a corporación e os traballadores municipais uníanse na dor da familia,  das súas amizades e dos compañeiros do parque de bombeiros. Durante os tres días de loito, ademais da do concello, todas as bandeiras de instalacións municipais ondearán a media hasta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies