займ срочно

A Deputación licita o tramo compostelá da Vía Verde

0

Compostela, 3 de xaneiro do 2024 – A Deputación da Coruña vén de licitar a primeira fase das obras do tramo da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle.

Este tramo da Vía Verde discorre integramente por terras de Santiago. O orzamento é de 796.766,58 euros. Con esta nova ampliación para conectar a Vía Verde coa capital de Galicia, o trazado total alcanzará os 36 quilómetros de lonxitude.

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle conecta desde o 2022 os concellos de Cerceda, Tordoia, Ordes e Oroso. Na actualidade conta con 26 quilómetros de senda ciclable sobre as antigas vías do ferrocarril, é a máis longa de Galicia.

As obras para conectar a Vía Verde con Santiago divídense en dúas fases e teñen un orzamento total de 1,6 millóns de euros. A primeira delas, xa en fase de licitación pública, irá desde a Estación da Sionlla ata punto quilométrico 2+200.

A segunda fase do tramo compostelán, que vai desde o PQ 2+200 ata o PQ 10+200 onde conecta co trazado da Vía Verde actual, en Sigüeiro, suporá outros 800.000 euros de investimento, dos que 300.000 euros serán aportados polo PSTD Vía Verde, 250.000 euros pola Deputación da Coruña e 250.000 euros polo Concello de Santiago.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou “a colaboración entre administracións para facer posible este proxecto”, que implica ao Goberno de España, Deputación da Coruña e aos cinco concellos polos que discorre a Vía Verde.

A Vía Verde, unha oportunidade tamén para o turismo

Con esta actuación, a Deputación da Coruña inicia a conexión de Compostela coa maior Vía Verde de Galicia, contribuíndo a crear unha oferta de mobilidade sustentable e respectuosa co medio ambiente que contribúe a vertebrar as comunicacións nos núcleos rurais e a dinamizar o turismo na zona.

Proba delo é o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) da Vía Verde aprobado polo Goberno de España con 1.375.000 euros de orzamento e desenv

Arredor da Vía Verde e enmarcado no Plan Nacional de Turismo Enogastronómico, o plan busca impulsar este destino como unha alternativa sostible baseada no desenvolvemento dun produto turístico singular a partir da gastronomía e os recursos inmateriais vinculados ao territorio (patrimonio histórico, cultural, paisaxístico…).

Entre as actuacións previstas neste PSTD destacan a elaboración dun plan de actuacións para evitar inundacións nos cauces dos ríos Tambre e Lengüelle, a instalación de puntos de auga e de autorreparación de bicicletas; a elaboración dun plan de sombras nas áreas de descanso, coa instalación de pérgolas axradinadas, a elaboración dun mapa virtual e app dixital con rescursos vinculados ao turismo gastronómico ou un plan para impulsar feiróns no que se fomenten os produtos locais, en colaboración con pequenos produtores.

O orzamento do PSTD da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle inclúe tamén 300.000 euros para financiar parte das obras do segundo tramo da Vía, que conectará con Sigüeiro (Oroso).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies