займ срочно

Un Carmina Burana en galego abre o ciclo Viraxes

0

Compostela, 12 de setembro do 2019 – O Gaiás acollerá no ciclo Viraxes tres espectáculos nos que a Banda de Música Municipal de Valga, a Unión de Guláns e a Unión Musical de Meaño fusionan o seu repertorio con outros xéneros e formatos

Viraxes propón tres espectáculos amenos e diferentes, creados por bandas de música de Galicia, que en setembro e decembro levarán á Cidade da Cultura as súas propostas de experimentación musical nas que se atreven con xéneros como o circo, o teatro ou a música clásica.

Os concertos foron galardoados na convocatoria dos premios Innova, promovida en 2019 pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para fomentar a experimentación e innovación no eido musical.

Carmina Burana en galego

O ciclo arranca no Xardín do Teatro do Gaiás o vindeiro sábado 21 de setembro coa popular Carmina Burana, a cantata escénica profana de Carl Orff que cativa a todo tipo de públicos coa súa espléndida percusión e riqueza rítmica que dá variedade ao conxunto e impide calquera monotonía.

O concerto terá lugar ás 18,00 horas e será de entrada libre e de balde ata completar a capacidade do auditorio ao aire libre do Xardín do Teatro da Cidade da Cultura.

Circo e teatro en decembro

O sábado 14 de decembro o circo protagonizará o último dos espectáculos de Viraxes  co proxecto Orquestra de malabares, da Unión Musical de Meaño e a compañía galega de novo circo Pistacatro. O espectáculo está concibido para asistentes de todas as idades, aínda que se dirixe especialmente a un público infantil e familiar, que de seguro gozará desta abraiante danza aérea nun diálogo escénico entre seis malabaristas e unha banda de música.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies