займ срочно

Décima xornada de folga dos traballadores dos Centros Socioculturais de Santiago

0

Compostela, 23 de xuño do 2022 – O persoal dos Centros Socioculturais de Compostela cumpre dez días de folga e denuncia o aprazamento por parte do concello da segunda xuntanza co comité que estaba prevista para hoxe.

O persoal dos Centros Socioculturais acusa ao equipo de goberno de falta de transparencia xa que “tras acabar a fase de alegacións para a licitación do lote IV, non atopamos nada, absolutamente, na Plataforma de contratación pública que nos poida esclarecer, minimamente, como se desenvolve o proceso”.

Un dos centros socioculturais de Compostela

Desde o comité explican que foron 3 as empresas que se presentaron á oferta deserta, Serviplus (adxudicataria do lote I), Hyliacon e Move proyectos e inversiones, mais que esa é a única información que teñen “a 10 días de entrar as novas empresas adxudicatarias e a menos dun mes de entrar a empresa do Lote IV”.

O comité pregúntase que pasa en contratación e “porque nos negan o acceso a información básica e non confidencial”. Cuestiónanse se a contratación “é un servizo da cidadanía ou un servizo do alcalde” e avanzan que esta folga “non quedará aquí”.

Advirten ademais que de non ter solucións antes do día 1 de xullo, de non haber achegamento os centros, “desta vez si, pecharanse totalmente no mes de xullo para a conciliación de verán”.
Denuncian que “xogar cos postos de traballo e co futuro das persoas que manteñen este servizo vivo todo o ano non é unha broma” e aseguran que serán “contundentes”, porque “niso vai o noso futuro, e non temos nada que perder”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies