Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Comeza Maré 2023

Cunha presentación no Salón de Teatro abríase a edición 2023 do festival Maré, que durará en Compostela ata o vindeiro día 24.
compostela-festival-mare-slide-20-setembro-2023-(1)_r

Compostela, 20 de setembro do 2023 – Cunha presentación no Salón de Teatro abríase a edición 2023 do festival Maré, que durará en Compostela ata o vindeiro día 24.

Maré programará 25 artistas en espazos e prazas de Compostela, apelando á diversidade sexual e musical. A presentación contou co director do Festival Maré, Vítor Belho, o director xeral de Turismo Xosé Manuel Merelles, o director de Agadic, Jacobo Sutil,e ademáis do cantautor Amancio Prada, o director da Real Filharmonía de Galicia, David Fiúza e a artista emerxente Gloria Pavía acompañada polo guitarrista Dani Liñeira

Hoxe ten lugar o concerto de apertura de Amancio Prada e a Real Filharmonía de Galicia, con entradas esgotadas. As actuacións principais serán na Sala Capitol, no Teatro Principal e no Salón Teatro, ademais de espazos emblemáticos como a Praza da Quintana ou a Praza de Mazarelos, onde o sábado 23 haberá actuacións de balde da mañá ata a noite.

Gloria Pavía e Dani Liñeira

Maré celebrará en esta edición a figura de Kepa Junkera, no marco do Día Europeo do Folk o sábado 23 de setembro, e a presentación do Proxecto europeo MATE, do que forma parte Santiago a través de Maré, xunto con Coimbra e Tesalónica.

A presencia no acto destes dous artistas, “amosa a diversidade da creación e a idea transxeneracional e diversa do Festival, que vai de artistas de longuísima traxectoria como Amancio Prada a debutantes prometedoras como Gloria Pavía”, explicou na presentación o director do certame, Vítor Belho, que cualificou Maré como “un festival sostible e manexable, que recupera o ritmo tranquilo da Compostela de sempre, afastado do concepto de macroaforo”.

“Maré quere descubrir ao público esta creatividade vibrante e converterse nun festival de referencia de outono para conectala con representantes da industria cultural de todo o mundo”, explicou Belho, que anunciou a presenza de programadores e prescriptores culturais de influencia chegados de países como Italia, Inglaterra, Alemaña, India, Portugal ou Grecia.

Entre as principais actuacións de Maré estaráno o xoves 22 Bía Ferreira, unha das últimas revelacións da música brasileira, o venres 23 a escocesa Soom T & The Stone Monks e o lexendario músico Don Letts , figura clave do punk británico que introduciu a The Clash nos ritmos xamaicanos, e o domingo 24 pechando Maré, a espectacular banda cubana de salsa Alexander Abreu e Havana d´Primera, que está a causar sensación na súa xira mundial, despois da súa nominación aos Grammy Latinos en 2022.  Todos eles actuarán na Sala Capitol.

Maré combinará as actuacións de balde  en prazas emblemáticas como Mazarelos ou a Quintana, con concertos de pago en salas como Capitol e Riquela con espazos como Teatro Principal e o Salón Teatro. O Certame confeccionou unha programación sensible ás correntes de diversidade sexual, con artistas como Bia Ferreira, antes da que actuará O Rabelo, os portugueses Fado Bicha, que terán como convidado ao galego Mondra, a hibridación da electrónica coa canción latinoamericana das arxentinas Fémina ou a enerxía desbordante da afro-colombiana Nidia Góngora.

Dúas das actuacións máis agardadas, son as da popular cantante portuguesa Maro, a dos virtuosos de Fetén Fetén co seu proxecto de músicas ibéricas e con convidados de luxo como Guadi Galego, Xosé Lois Romero ou Pedro Pascual, e a estrea do novo proxecto dos cataláns Pol Batlle e Rita Payés, cos que colaborará a violinista galega Antía Ameixeiras.

A extraordinaria variedade musical do programa complétase coa música de improvisación da formación Molimo, que actuará coa poeta Marina Oural, o folk vibrante de A Banda das Crechas ou o acordeón con aires circenses da brasileira Livia Mattos. O sábado terán lugar actuacións gratuitas de calidade ao longo de todo o día na Praza de Mazarelos. Da música marroquí de raíz ancestral de Aita Mon Amour, pasando pola presentación do proxecto electrofolk Maricarme, a mestura dos ritmos funks e rap de Mundo Prestigio, o afrobeat de Macheta Supah Sound, ou o balcan- ska de Brinkadelia Troupe, ademáis da música do coñecido DJ Floro, voz inconfundible do programa “Sonideros” de Radio 3, entre outros.

Maré tamén terá unha parte de cinema, coa proxección na tarde do venres na Facultade de Filosofía de “Rebel Dread”, o documental protagonizado por Don Letts, coa súa presenza para un econtro co público, e o sábado de “Berpiztu”, coa presenza de Kepa Junkera, protagonista do mesmo.

Post navigation

Previous: Alcaldesas: Lucía Calvo, Teo
Next: Brión celebra a vindeira semana a Santa Minia

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.