займ срочно

O Festival Atlántica trae a Compostela voces galegas

0

Compostela, 5 de xullo do 2023 – O Festival Atlántica triunfa en Compostela esta semana e hoxe mércores centra a súa programación nas voces de tres mulleres galegas.

Pedro Mario López este martes no CSC Maruxa e Coralia

O Atlántica está enchendo cada día o CSC Maruxa e Coralia. O luns o portugués Luís Correia e onte martes o cubano Pedro Mario López deixaron un bo feixe de historias no xardín do centro. Hoxe tocaralle a quenda as galegas Sole Felloza, Vero Rilo e Bea Campos. O programa da mañá inclúe un paseo narrado pola contorna da cidade para o que xa están esgotadas as entradas.

Xa pola tarde, ás 18.30 horas, os nenos maiores de tres anos e as súas familias teñen unha cita co ‘Animalario’ de Vero Rilo no CSC Maruxa e Coralia, unha sesión de narración oral fresca e despreocupada para recargar enerxías e para gozar cun feixe de animais e animaladas.

Un chisco despois, ás 21 horas, será Bea Campos quen deleite o público adulto con “Marcho que teño que marchar”, unha escolma de contos onde as mulleres son as protagonistas, desde meigas artúricas ata avoas misteriosas.

Máis conto ata o sábado

A actividade na cidade continúa ata o sábado 8 de xullo completando unha vintena de espectáculos. Haberá espectáculos para todas as idades, de temática diversa, en horarios variados e en diferentes puntos da cidade.

De este xeito o xoves as 20:30 Rodela de cantos e contos con Rosa Gonsalves no Museo do Pobo Galego.

O venres as nove da noite Don Guti estará xunto a ábsida da Colexiatade Sar coas historias do espectáculo “Cando Deus andaba polo mundo”.

O sábado rematará o festival en Compostela cunha estrea. Vero Rilo estará no Castelo da Rocha Forte con “Tralalareira” acompañada por Santi Cribeiro (acordeón).

O festival estará tamén estes días en Ferrol, Dodro ou mesmo Teo. Tedes toda a información sobre os espectáculos e os artistas do festival está dispoñible na web festivalatlantica.gal.

Share.

Comments are closed.