Compostela, 27 de abril do 2023 – A Alameda de Santiago acollerá desde este sábado, e ata o 7 de maio, a cita anual coa Feira do Libro de Compostela.
Once librarías participantes, preto dun centenar de autores, máis de 50 citas culturais e lúdicas e un pregón a cargo do poeta e escritor Ismael Ramos compoñen o programa da Feira do Libro de Santiago.
O acto inaugural terá lugar este sábado as doce e media. Ademais da representación institucional de Xunta, Deputación e concello, tamén participará a Banda Municipal da cidade cunha actuación musica,.
A Feira do Libro de Santiago é a segunda dentro do circuíto anual de Feiras do Libro coordinado pola Federación de Librarías de Galicia. Conta co financiamento público da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a área de Cultura da Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela; e a colaboración privada de Cafés Candelas.
A Federación de Librarías de Galicia
A Federación de Librarías de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada actualmente por 141 librerías de toda Galicia, que leva 45 anos traballando pola defensa dos intereses comúns do sector, e fomentando o crecemento dos lectores con diversas campañas.
Descarga o programa completo