займ срочно

Unha esquela para o bus urbano de Compostela

0

Compostela, 7 de novembro do 2022 – Unha esquela nunha para de autobús en Santiago daba conta, con moita sorna, dos pasamentos dos autobuses urbanos despois de que o venres ardera un en San Marcos.

A esquela comeza con habitual “o autobús nº 6 finou o día 4 de novembro, aos 17 anos de idade… D.E.P”. A continuación na nota pódese ler a “familia” do falecido “o seu esposo: liña 1, os seus fillos: liña 6 (falecida) liña 8 (falecida)..” un xeito retranqueiro de lembrar o mal estado no que se atopan os urbanos da cidade.

Queixas da oposición

Tras o suceso de agosto, coa desgraciada morte dun bombeiro, que outro autobús ardera o pasado venres levantou críticas de todos os grupos da oposición municipal. PP, CA e BNG solicitaron unha convocatoria extraordinaria do Consello de administración de Tussa para demandar a urxente revisión dos autobuses.

O Partido Popular pedía en nota de prensa que os vehículos non saíran á rúa sen unha auditoría e o voceiro, José Antonio Constenla, engadía que “a situación actual é totalmente inadmisible tanto polo perigo que supón para os usuarios, vehículos que transitan nas inmediacións e peóns, como pola deplorable imaxe que se está dando”.

Compostela Aberta incidía en que a situación non pode esperar a un novo contrato. A voceira, María Rozas, pedíalle ao alcalde “que adopte medidas con carácter urxente, porque o servizo de transporte atópase a día de hoxe unha situación de extrema gravidade que se debe resolver de inmediato, e que non pode agardar a un novo contrato que Bugallo non foi quen aínda de sacar a licitación”.

O BNG pola súa banda lembra que no último pleno levou unha iniciativa sobre este mesmo tema que non foi tida en conta. A voceira nacionalista, Goretti Sanmartín, dicía que “Día si e día tamén vemos como os autobuses teñen numerosas deficiencias e acaban avariados fumegando nas cunetas, o que provoca inseguranza, atrasos e malestar entre a veciñanza xa que non prestan a súa función nas condicións de calidade que lle corresponden”.

Unha situación complicada polo custo de renovar a flota pero que se consolida como unha prioridade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies