Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Entroido conquistou Compostela

Á espera da queima do Meco esta tarde a cita do martes de Entroido conquistou as rúas de Compostela cunha nutrida presenza de público en todo o percorrido.
Compostela-Entroido-slide-normal-14-febreiro-2024-1707887765644_r

Compostela, 14 de febreiro do 2024 – Á espera da queima do Meco esta tarde a cita do martes de Entroido conquistou as rúas de Compostela cunha nutrida presenza de público en todo o percorrido.

Colexios, asociacións, particulares, barrios… o desfile de Entroido en Compostela formouse a partir da propia cidade nas súas diversas formas. Desde os rapaces de Aspas ata lugares como Laraño ou Conxo; desde colexios como a Inmaculada ata particulares cos cativos.

Camiñando polo desfile un podía atoparse unha soprano deitada sobre un piano, a gaiola dun circo cos seus tigres, os súper heroes máis coñecidos, arañas ou un cortexo fúnebre cun enfermo de lepra. A imaxinación tomo o ensanche compostelán e a música marcou o paso xa que a maioría das carrozas e comparsas levaban a súa propia ambientación.

As “Festas do Apóstolo anos 60” foron os grandes gañadores tanto en comparsas como en carrozas. Unha nora que se movía e unha catedral na que as torres subían e baixaban foron a proposta dos gañadores.   

“Exoplaneta Conxo K2-18B” e as “Escolas da Inmaculada” levaron o segundo e terceiro premio en comparsas. “Mar de Heroes” e “En el País de las Maravillas” foron os que conseguiron eses mesmos postos no apartado de carrozas, esta última conseguiu ademais o primeiro posto na categor´´ia de comparsas das parroquias e barrios de Santiago. En este apartado local A Ruliña de Laraño e a Troglofesta levaron o segundo e terceiro premio.

“Recordos da miña infancia para a miña neta” levou o premio á mellor parella. No caso dos grupos “Dando a nota” levou o primeiro posto, “As arañas do monte Viso” o segundo e “O noso mar” o terceiro.

Os individuais foron para “O regreso dos dinasaurios”, para Begoña Moreira e para “Alegria”.

A partir das oito de esta tarde o Meco baixará de Bendaña e será conducido ata a Praza Roxa para ser queimado, prégase asistir de riguroso loito para rematar o Entroido.

Post navigation

Previous: A Deputación destina tres millóns e medio de euros á creación de emprego
Next: Este xoves comeza Santiago(é)Tapas

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.