займ срочно

O Mercury Tour de Imagine Dragons chegará ao Monte do Gozo o 11 de xullo

0

Compostela, 30 de xuño do 2022 – O 11 de xullo Imagine Dragons dará no Monte do Gozo un dos concertos máis esperados da tempada e que espera reunir a máis de 20.000 persoas.

O concerto forma parte da xira mundial Mercury Tour que comezou o pasado 28 de maio en Praga. Imagine Dragons estarán na península tan só en Lisboa o día cinco, en Madrid o día sete e rematarán en Compostela o 11.

Con 46 millóns de álbums, 55 millóns de cancións vendidas en todo o mundo e 74.000 millóns de reproducións acumuladas, Imagine Dragons son unha das bandas que máis récords de vendas acumula.

Segundo a revista Billboard, as 3 mellores cancións de rock da década pertencen ao grupo: Believer, Thunder e Radioactive. Formada en 2009, Imagine Dragons foi creando a súa comunidade de seguidores co lanzamento de forma independente dunha serie de EPs previos ao EP Continued Silence en 2012, o seu debut nun selo destacado, KIDinaKORNER / Interscope.

Believer é un dos maiores éxitos de Imagine Dragons

Night Visions (2012), o seu primeiro LP, entrou no número 2 da lista Billboard 200 e o tema principal Radioactive encabezou a lista de Hot Rock Songs de Billboard, gañou un GRAMMY á mellor interpretación de rock e obtivo o status de diamante outorgado pola RIAA.

Smoke + Mirrors (2015) debutou no número 1 do Billboard 200. EVOLVE, que lle seguiu en 2017, foi nomeado ao Grammy como mellor álbum vocal pop e del extraéronse tres números 1 e tres éxitos das radios alternativas: Believer, a nomeada ao Grammy Thunder e Whatever It Takes. Os tres temas conquistaron tamén o top 5 do Top 40 da radio e Thunder subiu ata o posto número 1.

O cuarto álbum da banda, Origins, estreouse alcanzando o máis alto das listas Alternative Albums e Top Rock Albums de Billboard e o single Natural estivo nove semanas no número 1 da radio alternativa, establecendo o récord actual de ser “a máis tocada nunha semana” de todos os tempos neste formato.

O seu esperado quinto álbum de estudo, Mercury – Act 1 foi publicado o 3 de setembro de 2021. Moldeado en equipo xunto ao estimado produtor Rick Rubin e cun título inspirado na palabra “mercurio”, Mercury – Act 1 é un disco sincero que abandona as letras con carga metafórica e en cambio abraza os extremos emocionais, sen gardar nada. Trátase do primeiro traballo da banda desde Origins de 2018.

Follow You e Cutthroat foron os primeiros escintileos do novo disco, publicados simultaneamente en marzo de 2021. O primeiro situouse o número 1 da radio alternativa e da clasificación Alternative Airplay de Billboard, o que significou o ascenso máis rápido do grupo á cima destas listas. O ultimo single, Wrecked, é unha exploración confesional da dor escrita polo vocalista principal, Dan Reynolds, tras perder á súa cuñada por cancro en 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies