займ срочно

A depuradora da Silvouta podería conseguir os fondos europeos

0

Compostela, 8 de agosto do 2019 – Fora unha das teimas do anterior alcalde, Martiño Noriega, e agora o Ministerio para a Transición Ecolóxica comprometese a realizar os trámites necesarios para o inicio das obras da EDAR da Silvouta a principios de 2022.

Estas datas permitirían que a EDAR da Silvouta accedera aos fondos europeos comprometidos. Si se conseguira demostraría que o anterior equipo de goberno tiña razón nos seus cálculos pese as negativas reiteradas da oposición por aquel entón.

Reunión en Madrid

O actual alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse en Madrid co secretario de Estado de Medio Ambiente en funcións, Hugo Morán. O compromiso do organismo, sinalou o rexedor, é realizar “todos os trámites necesarios para que as obras da EDAR da Silvouta poidan comezar a principios do 2022” e poder así aproveitar os fondos europeos concedidos nesta etapa.

Co encontro complétase, segundo explicou Sánchez Bugallo, “o ciclo de reunións orientadas a impulsar de forma decisiva a construción da EDAR da Silvouta”, despois das xuntanzas mantidas coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e coa directora de ACUAES, Rosa Cobo, na que tamén estiveron presentes técnicos da Consellería de Medio Ambiente.

O 30 de setembro, as nove empresas que se presentaron ao procedemento de concorrencia competitiva deberán presentar as propostas técnicas. E antes de final de final de ano, explicou Sánchez Bugallo, “ACUAES, en colaboración coa Xunta e co Concello, seleccionará as catro que considere máis axeitadas para que presenten o seu proxecto antes do verán do 2020”.

A continuación, unha vez seleccionado o proxecto técnico, hai que realizar, afirmou Sánchez Bugallo, “o trámite medioambiental”. Todas as administracións comparten, segundo confirmou, que este procedemento para a autorización medioambiental debería ser simplificado, “pero ata que non teñamos o proxecto técnico non se poderá dar resposta a esta cuestión”. Engadiu o rexedor que “procuraremos que sexa simplificado”, traballando con ese obxectivo, porque a finalidade “é que as obras estean comezadas en xaneiro de 2022, o que permitiría seguir contando cos fondos europeos para o seu financiamento”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies