займ срочно

Compostela abre a segunda mostra Comercios Emblemáticos

0

Compostela, 15 de decembro do 2017 – O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, inauguraron a segunda edición de Comercios emblemáticos.

Comercios Emblemáticos é unha iniciativa do concello de Santiago, posta en marcha o ano pasado por primeira vez, coa que se quere homenaxear aos establecementos comerciais máis significativos de Compostela.

Nesta edición, os dez comercios seleccionados son: Asthor Decoración, Confecciones Riande, Ferretería Casas Chico, Joyería Mayer, La Novedad, Libraría Couceiro, Papelaría Compostela, Relojería Mayer, Rod Mayer e Ultramarinos Carro. Os premiados foron elixidos, tal e como lembrou Marta Lois, “pola Mesa Local do Comercio, que aglutina a institucións e entidades vencelladas ao tecido comercial. A concelleira quixo facer mención aos establecementos homenaxeados, definíndoos como “comercios de sempre, emblema e representación da nosa memoria, cidade e comunidade”.

Pola súa banda o alcalde, Martiño Noriega, repasou a traxectoria de todos eles e definiu a mostra como unha iniciativa que “supón valor engadido nun momento no que as cidades non se diferencian por modelos comerciais distintos. “Neste caso –engadiu- vós sodes parte da memoria colectiva nunha cidade que é Patrimonio da Humanidade”. Ademais, Noriega e Lois reivindicaron o comercio local e de proximidade.

O horario de apertura da exposición é o seguinte: de luns a venres, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Non obstante, pechará os días 24, 25, e 31 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.

Colaboran co Concello na organización deste evento Afundación Obra Social Abanca, Cámara de Comercio, Compostela Monumental, Em Rede, Mercado de Abastos de Santiago, Santiago Centro Área Comercial e Unión de Consumidores de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies