займ срочно

A Cidade da Cultura busca talento galego

0

Compostela, 26 de maio do 2020 – A Xunta vén de convocar unha nova edición do seu Encontro de Artistas Novos (EAN) que optarán a un seminario na Cidade da Cultura.

O EAN cumpre en este 2020 10 anos traballando na procura da arte emerxente e a creación contemporánea. Serán 40 os creadores que terán a oportunidade  de participar nunha estancia de catro días no complexo da Cidade da Cultura. Alí presentarán o seu proxecto creativo e optarán a realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, co Camiño de Santiago como eixo.

Artistas da Galiza

Como novidade nesta edición, e enmarcado no Plan de reactivación do sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados do coronavirus, a participación no programa estará circunscrita a artistas nados e/ou residentes en Galicia. Ademais, o programa sufrirá pequenas variacións, especialmente de tipo loxístico, para adaptarse ás limitacións de capacidade, distancias mínimas e outro tipo de recomendacións marcadas polas autoridades sanitarias e garantir que o encontro se celebre nas mellores condicións de seguridade para todos e todas as participantes.

A Cidade da Cultura busca talento galegoO EAN chega baixo a dirección, novamente, de Rafael Doctor, e cun formato xa consolidado no que teñen presentado os seus traballos ao redor de 600 creadores e creadoras ao longo das nove edicións previas do encontro. Os artistas emerxentes que acaden unha praza terán a oportunidade de entrar en contacto con outras traxectorias e procesos creativos a través dunha serie de conferencias impartidas por artistas de renome como o cineasta Oliver Laxe (París, 1982), recentemente premiado en festivais como Cannes ou os Goya co seu último filme O que arde.

Relatores de prestixio

Esta edición incluirá tamén a presenza da artista interdisciplinar Paula Rubio Infante (Madrid, 1977), premio El Ojo Crítico 2015 de Artes Plásticas e VIII Premio ARCO a Jóvenes Artistas 2011; a artista plástica e profesora na facultade de Belas Artes de Pontevedra, Chelo Matesanz (Reinosa, Cantabria, 1964); e o creador multidisciplinar Carlos Aires (Ronda, Málaga, 1974), coñecido polos seus traballos de fotografía e escultura. Súmanse á longa lista de artistas que participaron no EAN como relatores, e que inclúe nomes da relevancia de Berta Cáccamo, Menchu Lamas, Din Matamoro, Enrique Marty, Ramón Balsa, Daniel Canogar ou Sandra Gamarra.

Do 23 ao 27 de agosto

O programa, a desenvolver entre o 23 e o 27 de agosto, incluirá o xa clásico Foro Aberto, no que os e as corenta participantes realizarán unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. Recoñecidas figuras como Lois Patiño, Jesús Madriñán ou Nuria Güell estiveron entre os participantes seleccionados nas diferentes edicións do Encontro, cando comezaban a abrirse paso no mundo da arte.

A Cidade da Cultura busca talento galegoO artista, comisario e conservador xefe da Fundación Granell, Eduardo Valiña; a comisaria de directora artística de JustMAD e JustLX, Semíramis González; e o xornalista e comisario Javier Díaz-Guardiola participarán tamén no encontro como observadores ou art followers, compartindo cos participantes a súa experiencia no apoio a novos talentos desde o mundo curatorial ou xornalístico. Co obxectivo de que este intercambio se produza en todas as súas vertentes, o EAN inclúe ademais visitas a centros de arte contemporánea como o CGAC ou a Fundación Granell.

Intervención artística arredor do Camiño

O programa complétase coa opción de realizar unha intervención artística efémera nas Torres Hejduk do complexo, unha iniciativa coa que a Cidade da Cultura amosa a súa aposta polo talento emerxente, cedéndolle un espazo expositivo non convencional. Ao igual que a anterior edición, o VIII Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk terá como eixe a Ruta Xacobea, profundando na relación entre a Cidade da Cultura e o Camiño de Santiago aproveitando que a Vía da Prata discorre no seu último tramo paralela ao Monte Gaiás e tamén a propia conexión visual entre as Torres Hejduk e as torres da catedral compostelá.

Solicitudes ata o 3 de xullo

Os artistas emerxentes interesados en seren seleccionados para participar no EAN10 deberán enviar a súa solicitude antes das 15,00 horas do 3 de xullo xunto á documentación requirida ao enderezo electrónico encontro@cidadedacultura.org. As bases completas poden consultarse en www.cidadedacultura.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies