займ срочно

O Banquete de Conxo trasládase ao vindeiro domingo

0

Compostela, 23 de maio do 2022 – As condicións meteorolóxicas previstas para este domingo obrigaron ao traslado da Festa do Banquete de Conxo para o vindeiro domingo día 29.

Tanto o venres co banquete pequeno como o sábado co Mercado do Libro e da Artesanía na praza Aurelio Aguirre de Conxo e distintas actividades na Carballeira mantivéronse.

As actividades que quedan aprazadas son as seguintes: as recreacións teatrais “Alá van estudantes e artesáns”, “Baixamos ao bosque do Banquete” e o “Banquete de Conxo”; o pregón da Festa; o concerto da Banda Municipal de Música de Santiago; o xantar e romaría popular; o Serán da Fraternidade; as actuacións musicais e os discursos de despedida

Banquete pequeno

Si se puido celebrar o chamado banquete Pequeno. Unha representación teatral por parte do alumnado do CEIP Quiroga Palacios, o IES Arcebispo Xelmírez II e o CPR Santa Apolonia, e que contou coa visita do alcalde Xosé Sánchez Bugallo.

Woyza foi unha das artistas convidadas ao Banquete pequeno

Tamén se celebrou o 3º Mercado do Libro e da Artesanía. Baixo a organización do Departamento de Comercio do Concello, este espazo acolleu 20 expositores dos sectores do libro e da artesanía así como mostras de xogos populares, presentacións de libros, recitais poéticos, chocolata e as actuacións musicais de Los jinetes del Trópico, Mamá Cabra, Momboi ou Os d’abaixo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies