займ срочно

O Banquete de Conxo celebrarase do 12 ao 14 de maio

0

Compostela, 5 de abril do 2023 – Xusto antes dunha campaña electoral, que se presenta disputada, os contendentes terán oportunidade de falar no Banquete de Conxo.

As actividades arredor do Banquete celebraranse do 12 ao 14 de maio. Será a cuarta edición de esta celebración que conmemora a comida de confraternidade que en 1856 no, por aquel entón, concello de Conxo organizaron os estudantes para os obreiros e artesáns.

A presentación contou coa presenza de algúns dos protagonistas de aquel evento. Aurelio Aguirre, Luis Rodríguez Seoane e Fandiño, interpretados polos Quinquilláns, acompañaron ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e á coordinadora Cecilia Carballido.

O domingo 14 de maio será o central do Banquete. Unha romaría popular con recreacións teatrais, actuacións musicais, ou o tren do banquete serán algunhas das actividades da xornada. Bugallo animou a todo o mundo a acudir disfrazado de época.

O alcalde animou ademais a “os barrios e parroquias da cidade a participar nesta festa da fraternidade, da liberdade e da igualdade, valores que simbolizan aquel acto de confraternidade histórico do Banquete de Conxo que xuntou a estudantes e artesáns na antiga Carballeira de Conxo”.

Este ano o concello púxose en contacto con dous novos barrios, Sar e Villestro, para que participen coas súas propias propostas. Cecilia Carballido adiantou algunhas das novidades como un novo espazo do Mercado da praza de Conxo, que consistirá “nun posto de asesoramento e aluguer de complementos propios da vestimenta acaída do século XIX para estudantes, artesáns, obreiros, fidalgos, crego…”

Poesía e música

Durante a rolda tamén se anunciou o lanzamento da convocatoria do II Certame de Brindes “Banquete de Conxo” dirixido ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato da cidade e organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago. Ao igual que na edición anterior, os gañadores do certame serán convidados a participar nos brindes do domingo 14 na Carballeira de Conxo.

Este ano, tamén a Escola Municipal de Música únese á Festa do Banquete celebrando a súa II Andaina musical na mañá do sábado 13 de Maio. Esta iniciativa propón á cidadanía unha ruta de 3,4 km, que conxuga actuacións musicais, e contacto co medio ambiente e o patrimonio natural que serva ao mesmo tempo para achegar á cidadanía o traballo realizado na Escola durante o curso.

4º Mercado do Libro

Os estudantes e artesáns tamén estarán presentes na festa, a través do mercado do libro e da mostra de oficios sobre a que se está a traballar e que se celebrará os días 13 e 14 de maio na praza Aurelio Aguirre. Este mercado do libro conterá expositores do sector do libro e un programa de actividades baixo a coordinación do Departamento de Comercio do Concello.

Ademais, esta proposta de mercado, contará tamén cunha mostra de oficios tradicionais, coa exhibición en vivo do traballo de artesáns de diferentes oficios tradicionais tales como a forxa, orfebrería, coiro ou cerámica, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies