займ срочно

A Asociación de Hostalería reuniuse co concello de Santiago

0

Compostela, 15 de abril do 2020 – A Asociación de Hostalería de Compostela mantivo unha reunión de traballo co goberno municipal de Compostela para abordar a situación de crise sanitaria e as súas consecuencias.

Sara Santos, presidenta da Asociación de Hostalería, o alcalde Xosé Bugallo e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte foron algúns dos representantes que traballaron sobre as posibles axudas ao sector e as saídas da actual crise.

Entre outras cuestións, abordouse a necesidade de eliminar as taxas das terrazas, recollida de do lixo e saneamento durante o tempo de peche obrigatorio, así como a rebaixa no pagamento do IBI.

Central de reservas

Pensando na situación e nos cambios que de seguro deberán soportar os hostaleiros cando se levante o confinamento e poidan abrir de novo os seus negocios, tamén presentaron a idea de elaborar unha central de reservas que inclúa á restauración. Nese mesmo sentido, a Asociación de Hostalería amosou a súa preocupación polo futuro do Camiño de Santiago, crendo necesario traballar en conxunto coa Xunta de Galicia nunha serie de medidas que ofrezan garantías de seguridade aos peregrinos.

Acordouse seguir mantendo o contacto para a posta en marcha de diferentes actividades que dinamicen ao sector unha vez superada a pandemia.

O Goberno local pola súa banda informou aos representantes da hostalería que desde o departamento de Turismo están a traballar nun plan de medidas a curto prazo de promoción da cidade en destinos que se prevé que sexan favorables.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies