займ срочно

Compostela aproba a Conta xeral de  2016

0

Compostela, 15 de outubro do 2017 –  O Pleno municipal de Compostela aprobou esta semana á Conta xeral de 2016, cos votos a favor de Compostela Aberta e a abstención do resto de grupos.

No desglose da conta que fixo a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, destacou a “baixada de endebedamento por habitante de 732 a 702 euros, así como o nivel de endebedamento do propio Concello, que se sitúa nos niveis máis baixos da súa historia”. Isto permite que o consistorio aforre en xuros de entidades bancarias e que se sitúe dentro da lei no nivel de endebedamento global.

Na conta xeral de 2016 incorpóranse dúas novidades: as contas do Refuxio de Animais de Bando e o resultado da auditoría levada a cabo en Mercagalicia, na que se observaron posibles irregularidades fiscais.

Tamén destacou a concelleira o nivel de execución en determinadas partidas que resultaron eixes clave do orzamento, como o mantemento. “A execución das partidas de mantemento superan o 91% de execución, sendo o nivel máis alto dos últimos 10 anos”. Así, Rozas destacou que “se no 2006 se gastaron 300.000 euros en mantemento e no ano 2016 a contía superou o millón”.

En resumo, a conta xeral amosa unha situación positiva nalgúns indicadores, tendo unha cidade menos endebedada, un incremento nos contratos de mantemento e un resultado positivo de tesourería que permite seguir saneando as contas e financiar unha boa parte dos investimentos financeiramente sustentables.

Obras no municipio

María Rozas explicou que este ano se destinarán 3,3 millóns de euros a acometer pequenas obras na cidade e no rural, os denominados investimentos financeiramente sustentables. Realizaranse obras de mellora en varios centros socioculturais do rural como Grixoa, Bornais ou A Peregrina; de accesibilidade solicitadas pola veciñanza das rúas Santas Mariñas e A Estrada; de reparación de viarios en todo o municipio; de accesibilidade no polideportivo de Santa Isabel; melloras no Campus Sur ou a creación dun parque de skate na cidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies