Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Alba de Compostela espertou o sentimento de cidade

Alba de Compostela encheu o Teatro Principal que acolleu a veciños e persoeiros mesmo na última bancada, a máis próxima ao ceo.
AlbadeCompostela-alcaldesa-e-premiados-normal-26-xullo-2023-16902946391_r

Compostela, 26 de xullo do 2023 – Alba de Compostela encheu o Teatro Principal que acolleu a veciños e persoeiros mesmo na última bancada, a máis próxima ao ceo.

Con unha ampla e sonora salva de aplausos foron recibidos os homenaxeados no escenario, acompañados pola alcaldesa, Goretti Sanmartín. Un vídeo lembrou boa parte daquela Alba de Gloria que hai 75 anos lía Castelao na Arxentina.

Un Alba de Compostela que rendeu homenaxe a “persoas e colectivos que desde o abrente ao solpor, cada día, fan que este concello camiñe cara a adiante”, como sinalou a alcaldesa no seu discurso.

Daniel Lorenzo Santos director da Fundación Catedral de Santiago; os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi; Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e directora técnica do Plan Socio-Comunitario de Vite; e Ánxeles González Porto, propietaria do pub Borriquita de Belém e membro da Asociación Cultural Cidade Vella, recibiron este recoñecemento de man da rexedora .

A figura entregada está tamén chea de simbolismo. Un disco de prata que representa á lua. En el pódese ver a constelación Canis Majoris, todo asentado sobre unha base de madeira queimada que representa á noite. Unha peza que leva o nome de Constellatio.

Tras a entrega dos galardóns chegou o momento do discurso da alcaldesa quen comezou lembrando aquela Alba de Castelao de hai 75 anos “No Concello de Santiago queremos hoxe conmemorar un texto, un magnífico texto. E un momento, aquel 25 de xullo de 1948, cando Castelao, en Bos Aires, nos deixou unha lección de vida, unha lección de amor á nosa historia, a quen somos e, tamén, un testamento para construírmos o futuro, con trabes sólidas, cun encofrado de ferro, para fortalecer a estrutura, que non debe caer nunca”.

A rexedora recordou que Alba de Compostela “nace para conmemorar Castelao, o seu inmortal discurso mais tamén, ben o saben, para festexarmos mulleres e homes do noso tempo que constrúen Compostela, que fan que este concello sexa aínda máis grande, unha realidade colectiva, unha cidade histórica cun futuro tecido por moitas mans, moitas cabezas e moitos corazóns”.

Ao respecto das persoas e entidades homexeadas, Goretti Sanmartín quixo recoñecer o “traballo e o compromiso co noso concello, de homes, mulleres e entidades que, co seu esforzo, coa súa intelixencia e a súa enerxía fan que a colectividade dea pasos adiante, avance como un todo, con orgullo e con esperanza”.

“Coa Alba de Compostela queremos, en boa maneira, mostrar o orgullo do que somos, o orgullo de persoas e colectivos que desde o abrente ao solpor, cada día, fan que este concello camiñe cara a adiante, con decisión, de mans dadas, sabéndose partícipes dun proxecto que non é de ninguén senón de todos nós, de todas nós, e que responde ao nome de Santiago de Compostela”.

O acto pechouse co himno de Galicia, interpretado por Oli Xiráldez, na gaita, e Fernando Estévez, ao tambor, acompañados por todos os asistentes.

Post navigation

Previous: Obituario. José Sierra
Next: Val do Dubra homenaxeou aos que traballaron na pandemia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.