займ срочно

Compostela acomete melloras no refuxio de Bando

0

Compostela, 19 de xaneiro do 2024 – O concello de Santiago destina 40.000 euros a melloras no refuxio de animais de Bando ademais de planificar campañas de sensibilización.

O refuxio de Bando acolle tamén a animais de concellos limítrofes e no pasado ano viviu un importante incremento na entrada de cans e gatos. So en xuño chegaron ao refuxio 169 animais. Na actualidade as instalacións acollen a 270 cans e 270 gatos, dos que 82 están en casas de acollida temporal.

A intervención que se está a realizar consiste na construción de tres novos parques de recreo para cans e dous novos patios para os gatos; o arranxo de portas; a habilitación de catro canís para animais maiores, enfermos e cachorros así como diversas reparacións de mantemento.

O concelleiro de Dereitos dos Animais, Xesús Domínguez, fixo un chamamento á implicación de todas as administracións que integran o Refuxio de Bando, “tanto na achega de recursos humanos como económicos, para facer sustentable a xestión destas instalacións e do servizo que prestan para o coidado dos animais”.

Xesús Domínguez sinalou que tanto a dirección do Refuxio como o propio Concello están facendo xestións para procurar a colaboración con outras entidades e empresas do sector, como farmacias e clínicas veterinarias, para buscar sinerxías e facilitar a súa contribución a mellorar a situación actual.

“Insistimos na necesidade de concienciar a veciñanza para evitar o abandono de animais e tamén en dar a coñecer que as persoas que queiran adoptar un can ou un gato poden acudir ao Refuxio de Animais de Bando ou pórse en contacto a través da información que figura na súa páxina web, onde están as fichas con fotos e características dos animais para a súa adopción”, engadiu o concelleiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies