Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

O solar de Peleteiro en Compostela volve a xerar polémica

Compostela Aberta ven de pedir información sobre a consultoría contratada polo goberno municipal para definir os usos do solar de Peleteiro.
compostela rexeitado proxecto peleteiro 11 abril 2019

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 4 de outubro do 2019 – Compostela Aberta ven de pedir información sobre a consultoría contratada polo goberno municipal para definir os usos do solar de Peleteiro.
    • Comisión de seguimento

Compostela, 4 de outubro do 2019 – Compostela Aberta ven de pedir información sobre a consultoría contratada polo goberno municipal para definir os usos do solar de Peleteiro.

O grupo pide que se aclare cales foron as razóns de contratar a Gesvalt, unha empresa que mantén diversos vínculos coa SAREB, propietaria dos terreos de Peleteiro, para definir os usos do solar.

Segundo consta na relación de contratos menores do terceiro trimestre de 2019, o Goberno municipal tenlle encargado a Gesvalt Sociedad de Tasación S.A. unha consultoría sobre “posibles usos urbanos do antigo colexio Peleteiro para rendabilidade e dinamización comercial do Ensanche”, un servizo polo que a empresa percibirá 14.520 euros.

Compostela Aberta chama a atención sobre o feito de que na páxina web desta empresa aparezan varias informacións que a vinculan coa SAREB, como ter participado no proxecto de Due Diligence sobre os activos da “Sociedad de Gestión de Activos procedentes de la Restructuración Bancaria”. Ademais, o director corporativo de desenvolvemento de negocio de Gesvalt, Luis Martín Guirado, desempeñou o posto de director de transaccións e intelixencia de mercado na SAREB entre os anos 2014 e 2015.

Comisión de seguimento

O grupo municipal de CA pide que o Goberno explique se era consciente desta relación entre a consultora contratada para definir os usos de Peleteiro e a propiedade da finca, e que aclare se solicitou outros orzamentos e cales foron os motivos para elixir a Gesvalt para a realización do informe.

Compostela Aberta tamén quere saber se o alcalde ten informado da contratación da consultora á comisión que, segundo anunciou nos medios de comunicación, xa está formalmente constituída para avaliar o futuro de Peleteiro coa veciñanza e co tecido asociativo e comercial do Ensanche.

Ao respecto da comisión, CA lamenta que o Goberno non teña informado sobre a súa creación aos grupos da oposición nin os teña convidado a participar nela, tendo en conta que a modificación de usos da parcela é unha competencia do Pleno, no que o PSOE non conta con maioría suficiente. Nesa liña, Compostela Aberta lembra que o compromiso adquirido por Bugallo na campaña foi o de “ter unha solución de consenso para Peleteiro en tres meses”, un prazo que xa ten rematado e que, ademais, se vai sobrepasar amplamente tendo en conta que o contrato con Gesvalt foi formalizado o pasado 2 de agosto e, segundo consta na relación de contratos menores, a sociedade de taxación tén un prazo de catro meses para elaborar o seu informe.

Por último, Compostela Aberta expresa as súas dúbidas sobre a conveniencia de elixir para informar sobre os posibles usos de Peleteiro á mesma empresa que, segundo ten informado a súa directora xeral, foi a encargada do asesoramento para a compra de Povisa por parte dunha corporación norteamericana.

Post navigation

Previous: Santiago(é)Tapas crece con Santiago(é)Cóctel
Next: O Parlamento Europeo investigará a situación da mina de San Finx

Máis novas

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Un banco para compartir en Compostela

museo do pobo a barca dos pepes 21 setembro 2026 (3)
6 minutes read
  • Xeral

Transfronteiriza no Museo do Pobo Galego

usc percusion galega 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Recuperar a percusión tradicional galega

compostela reurbanizacion garcia lorca SLIDE 2 xullo 2025
3 minutes read
  • Xeral

Sanción de case cen mil euros á empresa de García Lorca

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.