займ срочно

A asemblea de Compostela Aberta aproba a negociación dunha coalición co BNG

0

Compostela, 7 de xuño do 2023 – Aínda que era algo esperado, a asemblea de Compostela Aberta aprobou na tarde este martes iniciar as negociacións para un pacto de goberno co BNG.

A asemblea de Compostela Aberta convocouse para analizar os resultados electorais e decidir que papel xogarán os dous concelleiros na nova corporación. Na reunión que manterán hoxe mércores ambas as dúas formacións comezarase a traballar no acordo para a integración de María Rozas e Xan Duro en ese posible goberno de coalición.

As persoas designadas pola coordinadora para representar a Compostela nas negociacións serán María Rozas, Xan Duro, Miguel Penas e Concha Fernández, que xa participaran na primeira xuntanza.

Tras este acordo, e unha vez avancen as negociacións, a coordinadora volverá someter á decisión da asemblea o acordo concreto de goberno, para que sexa ese órgano o que teña a última palabra sobre a integración ou non de Compostela Aberta nun executivo de coalición.

Na súa intervención na asemblea, María Rozas volveu recoñecer que os resultados das eleccións “nin son satisfactorios nin son os agardados, pero somos tamén conscientes de cales foron as dinámicas en Galicia e no conxunto do Estado”.

A portavoz municipal de CA agradeceulle ás bases a súa implicación e colaboración na campaña e fixo unha chamada á participación activa nos próximos catro anos “porque o resultado danos a oportunidade de ter unha base sobre a que construír a Compostela Aberta do futuro”.


Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies