займ срочно

A Xunta variará a senda peonil do Milladoiro no tramo da Colexiata de Sar

0

Bisbarra, 15 de marzo do 2023 – As alegacións presentadas por Compostela Aberta foron estimadas en parte e a Xunta variará o proxecto de senda peonil que busca unir o Milladoiro coa zona norte de Santiago.

A Axencia Galega de Infraestruturas respondeu ás alegacións de CA asumindo a necesidade de anular o tramo que discorría pola contorna da Colexiata de Sar. A demanda rexeitaba que o itinerario afectara a espazos de gran valor natural, paisaxístico e cultural.

A Xunta sinala que no trazado se aproveitará “o viario existente que discorre paralelo á vía do ferrocarril entre a rúa de Clara Campoamor e a rúa de Sar, tal e como se solicita na alegación”.

A portavoz municipal de Compostela Aberta, María Rozas, mostrou a súa satisfacción “porque a Xunta recúe e asuma a petición de CA, que tamén era a demanda doutros colectivos e entidades como Espazo Veciñal de Sar”.

Ao tempo, a concelleira lamentou que o Goberno galego non fora receptivo diante doutras demandas formuladas nas alegacións, referidas ao contorno do Banquete de Conxo ou ás afeccións da senda en zonas de risco de inundación sinaladas polo Ministerio de Transición Ecolóxica.

A Xunta tamén rexeitou a petición de Compostela Aberta para que o trazado da vía ciclista fora ampliado ata a estación da Sionlla, para facilitar a súa conexión coa futura Vía Verde Santiago-Cerceda.

Proxecto moi mellorable

Para María Rozas, “semella claro que a Xunta de Galicia non foi previsor na elaboración deste proxecto, porque resulta sorprendente que teñan que ser entidades veciñais ou grupos políticos como Compostela Aberta os que alerten das afeccións que terían nun ben catalogado como é a Colexiata de Sar e en toda a súa contorna”. Rozas pediulle ao Goberno “que estude novas melloras na senda ciclista do Milladoiro, porque unha actuación na que se van investir 12 millóns de euros e que responde a unha longa demanda non pode acabar sendo decepcionante e converterse nunha oportunidade perdida que ademais teña graves consecuencias para o patrimonio natural”.

A concelleira reiterou que “para Compostela Aberta, esta non é a senda que se precisa para conectar O Milladoiro con Santiago, porque non está concibida como vía de comunicación para o fomento da mobilidade sostible, un dos obxectivos do Pacto Local pola Mobilidade e do novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies