займ срочно

A USC organiza unha exposición sobre Ramón y Cajal

0

Compostela, 8 de novembro do 2022 – A Universidade de Santiago de Compostela, USC, inaugura este mércores unha exposición sobre o Nobel español, Santiago Ramón y Cajal.

A mostra “Cajal: esas bolboretas da alma” estará instalada na Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC.  A mostra preséntase as sete e media da tarde de este mércores e estará aberta ata o mes de decembro.

L0040500 Photographic portrait of Santiago Ramon Cajal Credit: Wellcome Library, London. Wellcome Images images@wellcome.ac.uk http://wellcomeimages.org Photographic portrait of Santiago Ramon Cajal. 1928 Degeneration & regeneration of the nervous system Santiago Ramon y Cajal Published: 1928 Copyrighted work available under Creative Commons Attribution only licence CC BY 4.0 http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/

Comisariada a nivel local polos investigadores do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), o profesor José Luis Labandeira García e a profesora Ana Isabel Rodríguez Pérez, a mostra bota a andar nun ano no que se celebra o 170 aniversario do nacemento e o centenario da xubilación de Santiago Ramón y Cajal. Por estes dous aniversarios, o 2022 é o Ano da Investigación Ramón y Cajal.

Esta exposición pretende render tributo á vida e obra do premio Nobel español e achegar a estudantes e público en xeral a súa prolífica traxectoria científica e artística a través de facsímiles de debuxos científicos de autor, cuxa recompilación foi realizada pola profesora Rosario Moratalla, do Instituto Cajal do CSIC. O título evoca o nome co que o Nobel denominaba as neuronas piramidais (bolboretas), relacionadas coa plasticidade cerebral e a cognición.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies