займ срочно

O Comité Clínico leva a nivel máximo a Rianxo e mantén o peche de Santiago

0

Bisbarra, 22 de decembro do 2020 – A reunión do Comité Clínico de este luns decidiu elevar a nivel máximo a situación de Rianxo e manter o peche perimetral nas cidades, Santiago incluída.

A incidencia do Covid vai mudando de lugares en esta segunda onda. Si estes días facíase un cribado masivo en Negreira e a semana pasada Compostela volvía ao peche perimetral onte tocoulle a Rianxo volver a unha situación de alerta máxima polo aumento de casos.O Comité non tomou medidas pero si advertiu ademais de que se establece unha vixianza especial en distintos concellos. Na bisbarra están afectados  Noia, Porto do Son, Vedra e Muros. Estes cambios, ou mantemento, de situacións entrarán en vigor esta media noite.

O Comité lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes. Hoxe a Consellería de Sanidade informará da actualización de medidas do Plan  de Nadal para Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies